lunes. 18.11.2019 |
El tiempo
lunes. 18.11.2019
El tiempo

Concentración con candeas contra a violencia machista na Praza da Peregrina

Imaxe da concentración deste venres. RAFA FARIÑA
Imaxe da concentración deste venres. RAFA FARIÑA

Só na provincia de Pontevedra hai 1.703 casos de violencia de xénero con seguemento 

O Colectivo Feminista de Pontevedra celebrou este venres unha protesta na Praza da Peregrina para recordar a todas as mulleres asasinadas ao longo de 2018 por mor da violencia machista. As activistas acudiron ao acto con candeas e baixo o lema Unidas, diversas e combativas e denunciaron o medo provocado polo terrorismo machista.

O acto produciuse despois do mediático caso polo crime de Laura Luelmo, a mestra zamora asasinada en Huelva. Pero ademais, no que vai de ano producíronse 48 feminicidios segundo os datos oficiais, aínda que as feministas elevan esta cifra xa que contan tamén asasinatos que non aparecen rexistrados nas listas oficiais.

Só na provincia de Pontevedra hai 1.073 casos de violencia de xénero dos que o Ministerio de Interior realiza seguemento na actualidade. Deles, un está catalogado como de risco extremo, catro de risco alto e 115 de risco medio.

A nivel galego, son 3.462 as mulleres que denunciaron e cuxos casos permanecen activos na actualidade, segundo datos do Ministerio de Interior.

Concentración con candeas contra a violencia machista na Praza da...
Comentarios