Confinados con Mozart

Dentro do proxecto #Eufagomúsicanacasa, o Conservatorio de Música Manuel Quiroga de Pontevedra vén de publicar o vídeo que recolle o resultado do seu último reto: poñerlle letra a composicións de música clásica. 

"Esta proposta foi un pouquiño máis especial que as anteriores", explica a profesora Iria Portas. "As familias tiveron que elixir unha melodía do repertorio de música clásica e porlle unha letra divertida e referida a estes días de confinamento. O resultado foi espectacular". 

Este novo reto da iniciativa #Eufagomúsicanacasa súmase aos xa realizados sobre bandas sonoras, o repertorio de Queen, a música dos 80 en España, mulleres compositoras e artistas e música galega. "E esta semana, os Beatles".

Comentarios