Consellos da Policía Nacional para evitar os furtos na Feira Franca

Cruzar os bolsos de man na parte dianteira e non saír á rúa con grandes cantidades de efectivo son algunhas das recomendacións

Desfile na Feira Franca de 2017. ADP
photo_camera Desfile na Feira Franca de 2017. ADP

A Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Pontevedra establecerá para a Feira Franca un dispositivo de seguridade especial, integrado por axentes uniformados e de paisano, para a prevención de furtos e outros ilícitos contra o patrimonio. Non obstante, a Policía considera necesario lembrar tamén varios consellos básicos para que os cidadáns e os comerciantes non sexan vítimas de subtraccións por motivo de descoidos "habituales en este tipo de eventos lúdico-festivos".

A Comisaría de Pontevedra recomenda aos comerciantes prestar especial atención nos momentos nos que varias persoas entran en grupo e algunha acapara a atención dos empregados. "No hay que perder nunca de vista la caja registradora, aunque haya que desplazarse por la tienda para atender el requerimiento de algún cliente, y, si fuese posible, tampoco de los objetos expuestos en el comercio". 

Para evitar sermos vítimas dun furto mentres paseamos pola vía pública, a Policía lembra que o prioritario é asegurar as nosas pertenzas. Os bolsos deben ir cruzados na parte dianteira e neles debemos levar o imprescindible e nunca obxectos de gran valor (grandes cantidades en efectivo, xoias, talóns...). Recorda tamén que a carteira debe levarse nos petos dianteiros. 

Incide tamén en que se alguén é vítima dun furto debe tentar reter os máximos datos posibles sobre os autores, de cara a presentar a correspondente denuncia na Comisaría de Policía, e lembra que en caso de sufrir a subtracción da carteira debe darse aviso inmediato ás entidades nas que temos as nosas tarxetas de crédito para dalas de baixa

Comentarios