jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

O Consorcio Contra Incendios terá un 2,13% máis de orzamento en 2020

Carmela Silva. DAVID FREIRE
Carmela Silva. DAVID FREIRE
As contas, que manteñen a liña invasora deste ano, ascenderán a 3,78 millóns de euros

O Pleno do Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento, participado a partes iguais pola Deputación e pola Xunta, aprobou este xoves por unanimidade o seu Orzamento para o ano 2020. A sesión, presidida pola presidenta provincial, Carmela Silva, deu o visto bo ás contas que ascenderan a 3,78 millóns de euros, un 2,13% máis que este ano. 

Á sesión plenaria asistiron, ademais de Silva, o vicepresidente do Consorcio e Director Xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, por delegación da Vicepresidencia da Xunta, e as persoas representantes de ambas as dúas institucións, os deputados Carlos Font e Santos Héctor, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. 

O orzamento de 2020, cuxa tramitación se aprobará directamente cos orzamentos da Deputación, mantén o esforzo inversor que xa tivo neste ano 2019. De feito, o capítulo de investimentos increméntase ata un 8,3% e estará destinado fundamentalmente a melloras nas instalacións dos parques da provincia, á adquisición de material técnico de intervención, e á compra dun vehículo FSV, con capacidade de intervención en núcleos de acceso complicado, onde os vehículos de primeira saída non poden acceder con facilidade polas súas características. 

O Pleno tamén deu luz verde ás bases de execución, ao cadro de persoal e de retribucións para o vindeiro ano, así como ao informe de cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e límite da débeda. 

Por outra banda, na sesión aprobouse por unanimidade a cesión gratuíta de 40 cascos de protección á Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Persoas Voluntarias de Protección Civil de Pontevedra. 

Finalmente, deuse conta dos informes de intervención sobre o período de pago a provedores de abril a setembro, que melloraron a súa ratio dentro dos parámetros que marca a lei, esforzo que foi destacado no Pleno.

O Consorcio Contra Incendios terá un 2,13% máis de orzamento en 2020
Comentarios