A construcción do emisario submarino chega ó seu ecuador

O tramo en túnel, cunha lonxitude de 690 metros, completouse o pasado 18 de abril
Trabajos de la tuneladora por donde transcurrirá el emisario submarino. RAFA FARIÑA
photo_camera Imaxe de arquivo de traballos da tuneladora. RAFA FARIÑA

A construción do novo emisario submarino en Os Praceres acada xa o 44% da súa execución, unha vez que xa rematou a perforación do túnel.

O tramo en túnel, cunha lonxitude de 690 metros, completouse o pasado 18 de abril grazas ao traballo da máquina tuneladora procedente de Alemaña, que xa foi retirada.

Desde esa data e ata o pasado luns traballouse no desmontado de toda a loxística da operación levada a cabo coa tuneladora. Para iso foi preciso desmontar cableados, carros e tubaxes, o lastrado provisional da tuneladora ou a inundación da tubaxe, entre outras accións.

Na actualidade estanse a fabricar os lastres do tramo fondeado, levando a cabo traballos como a disposición da rampla de colocación de tubaxe, a escavación da cámara de carga ou a extensión do formigón e aceiro necesarios.

O novo emisario, que supón un investimento autonómico de 12 millóns de euros, ten como obxectivo mellorar a saída das augas depuradas, optimizando a dilución e a dispersión para que non afecte nin á actividade extractiva nin ao baño.

Comentarios