Consulta aquí as listaxes definitivas de preinscritos nas Escolas Deportivas Municipais

As actividades deportivas comezarán a partir do próximo 8 de outubro. Os monitores entregarán a ficha de inscrición e os interesados terán que devolvela cuberta o día seguinte na propia EDM 

A concelleira de Deporte, Anxos Riveiro. DP
photo_camera A concelleira de Deporte, Anxos Riveiro. DP

O Concello de Pontevedra vén de publicar a listaxe definitiva de preinscritos con prazas confirmadas nas Escolas Deportivas Municipais (EDM) e as  listaxes de agarda.

As actividades deportivas das EDM comezarán a partir do próximo luns 8 de outubro. Nas actividades, cada monitor entregará as fichas de inscrición que os interesados terán que cubrir e devolver o día seguinte na propia EDM (non nas oficinas do Pavillón).

Se algún neno non pode acudir o primeiro día da actividade terase que poñer en contacto co Club organizador inexcusablemente a primeria semana para confirmar o seu interese.

As Escolas Deportivas Municipais ofertan para esta tempada 2.500 prazas, todas subvencionadas, das que 1.560 son oferta pública e o resto son de xestión directa dos clubs co fin de garantir a continuidade dos nenos e nenas que comezaron o pasado ano a iniciación do deporte elixido.

Os deportes ofertados para a temporada 2018/19 son os seguintes: Atletismo, tríatlon, baloncesto, rugby, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima, tenis, tenis de mesa, padel, bádminton, judo, loita olímpica, taekwondo, ximnasia rítmica, ximnasia acrobática e trampolín, orientación deportiva, xadrez e escalada deportiva.

O curso das Escolas Deportivas Municipais arrancará no mes de outubro e estenderase ate o 31 de maio de 2019.

Comentarios