Cora Velasco, Leilía e De Vacas arrasan na Peregrina

A xornada musical estivo protagonizada polos tres concertos simultáneos
Actuación de Leilía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Actuación de Leilía. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O ambiente festivo continuou este domingo na cidade. Os concertos simultáneos e baixo todas as medidas de seguridade volveron ser os grandes protagonistas da xornada.

A música do primeiro domingo en festas comezou na praza da Ferraría co concerto da pontevedresa Cora Velasco. O público puido gozar da evolución musical da artista, que tras catro anos de composición baixo o pseudónimo Cora Sayers, mudou ao seu nome propio, Cora Velasco.

Paralelamente, as seis voces femeninas que compoñen Leilía subíronse ao escenario da praza de España,demostrando que son unha das propostas máis fortes destas festas. Ao son das pandeiretas e a percusión, transmitiron ao público o obxectivo principal co que este grupo naceu xa hai 30 anos: recuperar a tradición oral galega. 

Para rematar a xornada musical, De Vacas ofreceu un concerto nas pistas de Campolongo. As súas integrantes interpretaron algúns dos seus temas máis coñecidos.