sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

A corresponsabilidade, o gran reto do feminismo que vén

Marcha en Vilaboa con motivo del 8-M. RAFA FARIÑA (2)
Marcha organizada por Galegas 8-M, este luns en Vilaboa. RAFA FARIÑA
Oito pontevedresas destacan as claves da loita feminista de cara ó futuro ►A pandemia, aseguran, revelou as deficiencias dun sistema que todavía está lonxe de ser igualitario
Apostar pola corresponsabilidade nos coidados e no fogar. Por políticas que fomenten o emprego e a igualdade de oportunidades. Rachar o teito de cristal e acabar coa fenda salarial. E manterse unidas e firmes contra o machismo. Son só algúns dos grandes retos ós que se enfronta o feminismo nestes tempos condicionados pola pandemia de coronavirus.

Así se escoitou este luns nos distintos actos organizados co gallo do Día Internacional da Muller dentro e fóra de Pontevedra e a comarca e a pé de rúa e na Rede, e así o ratifican oito pontevedresas comprometidas co obxectivo da igualdade.

"Eu poño moitísimo o foco noa corresponsabilidade, que empeza a soar nos últimos anos xa desterrando a conciliación, que é unha trampa", di a xornalista de Onda Cero Pontevedra Susana Pedreira, encargada do manifesto do 8-M do Concello. "As carreiras profesionais fréanse cando apostas pola vida persoal e iso non lles pasa a eles". Para Susana Pedreira, unha das grandes metas do feminismo que vén pasa por acadar "políticas de igualdade e mercados laborais que fomenten a corresponsabilidade, nos que a maternidade sexa un valor, e non un prezo que paguemos. O fogar non ter que frear non temo que vivir sempre instalados na renuncia", di a xornalista que propón como reto para o xornalismo a formación en perspectiva de xénero xa desde as universidades.

Coincide con ela a CIG, que este lunes percorreu as rúas de Pontevedra co lema sen coidados non hai vida. "Fomos as mulleres as que levamos adiante os coidados co noso traballo sen un salario a cambio. Un dos nosos lemas é que queremos un emprego, non un traballo, porque traballo temos abondo. Temos unha loita por diante moi grande, pero cada vez somos máis e estamos orgullosas da resposta da cidadanía", indica.

Da mesma opinión é a presidenta da Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra, Raquel Touriño. "A pandemia deixou descuberto que queda moito camiño", di. "Nós reivindicamos que non se tomaron as medidas suficientes de cara a apoiar á sociedade. Que non haxa axudas ós autonómos tamén afecta ás mulleres, se non hai axudas á conciliación tamén implica ás mulleres... A nós aféctanos dobremente", engade a titular de Femupo.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva, destaca a defensa da que define como "a acción política máis potente que existe, a da igualdade" entre os compromisos do feminismo que vén. "No 2008 unha crise económica moi potente deixou máis pobreza para as mulleres e, de novo, esta pandemia déixanos en peores condicións a nós. Outra vez, o 75% dos coidados recaeron sobre nós, as cifras de desemprego son maiores para nós. Por iso non queremos máis discursos, a igualdade deféndese no BOE e no DOG. Precisamos unha axenda feminista xa", manifesta a presidenta provincial.

Para Yoya Blanco, a prioridade "es romper los techos de cristal, los despachos siguen estando ocupados por hombres", subliña a concelleira de Igualdade. "La pandemia nos ha vuelto a mostrar que los cuidados de los niños y mayores los llevamos nosotras mayoritariamente compaginando con el trabajo", engade Blanco que chama a atención sobre a "culpabilización constante de las mujeres".

Desde o PP local, a responsable de igualdade, Silvia Junco, destaca que "la igualdad se trabaja y se defiende los 365 días del año", para ela o reto é "fomentar el acceso al empleo que es ensencial, eliminar la brecha laboral y los techos de cristal y fomentar la corresponsabilidad tanto personal como familiar".

Para integrante do Colectivo Feminista Catarina Cosque "queda todo por facer pero é importante manter o tecido e as redes de coidados entre nós". "Unha das cuestións primordiais e urxentes para min é que as forzas de seguridade nos crean cando imos denunciar algo, quédanos moito por cambiar nese sentido e precisamos que, nos momentos nos que precisamos apoio, a Policía estea aí", afirma.

Ollo que hai un reto clave neste camiño feminista, advirte a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, que este luns marchou entre o colectivo feminista Comando Mazá: "Non dar nin un paso atrás. O espazo público é do feminismo e o feminismo é do espazo público. Estamos ante unha gran transformación social e as mulleres van estar aí", sinala. Opinión que comparte desde CIG María Rodríguez. "Temos un reto moi grande por diante, xa que a dereita e a ultradereita están nunha posición moi firme contra nós. Non lles interesa que as mulleres teñamos os nosos dereitos".

"Se algo quedou demostrado nesta pandemia é que as mulleres estamos ao pé do canón e iso ninguén pode negalo. Moitas veces mesmo obrigadas a hipotecar as nosas vidas en condicións laborais de explotación que nos levan a outros séculos. Pero eu son optimista porque penso que o cambio é imparable", conclúe Fouces.

A corresponsabilidade, o gran reto do feminismo que vén
Comentarios
ç