O corte de tráfico pola proba ciclista empezará en Beiramar e chegará á Autovía

A Policía Local habilitou un sistema alternativo para acceder ou abandonar a cidade

A celebración da Copa de España de Ciclismo Feminino, o vindeiro domingo, implicará cortes de tráfico en varias rúas da cidade que, principalmente, comenzarán xa o sábado, ás 22 horas, na avenida do Uruguai e As Corvaceiras e chegarán ata a o remate da Autovía de Marín, onde as restricións durarán entre as 8 e as 16 horas. Este peche tamén afecta as vías cuxa circulación teña orixe ou destino nas rúas mencionadas.

A Policía Local habilitou un sistema alternativo para acceder ou abandonar a cidade, especialmente tendo en conta que o domingo será un día de máxima intensidade rodada cara ás praias. Por iso, suxírese a AP-9 ou a avenida de Domingo Fontán, ven por Ponte de Santiago ou a Ponte das Correntes, para chegar ata os areais situados ó norte.

Nembargantes, se o destino é O Morrazo, a alternativa é a chamada estrada vella a Marín, co risco de que se poidan producir retencións puntuais nas horas punta.

O operativo policial tamén contempla pequenos cambios nas rúas próximas ó circuito da proba deportiva.

Comentarios