Cortes en Loureiro Crespo e Casimiro Gómez este mércores e o xoves

O Concello dispón rutas alternativas para estas datas
Obras en Loureiro Crespo, una de las zonas que concentra un mayor número de población en la ciudad, según el Ige. GONZALO GARCÍA
photo_camera Obras en Loureiro Crespo. GONZALO GARCÍA

As obras na rúa Loureiro Crespo obrigarán este mércores a cortar o tramo desta vía comprendido entre Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas. O corte producirade de 9.30 a 19.00 horas.

Do mesmo xeito, mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas cortarase o tráfico na rúa Casimiro Gómez, no tramo comprendido entre Loureiro Crespo e Gerardo Álvarez Limeses.

Durante este mércores os garaxes do tramo de Loureiro Crespo, entre as rúas Gonzalo Gallas e rúa Casimiro Gomez, accederán por Gonzalo Gallas desde San Antoniño ou desde Gerardo Álvarez Limeses por Casimiro Gómez. Este tramo de rúa contará con dobre sentido de circulación.

Por outra parte, o acceso aos garaxes de Antón Fraguas e ás Urxencias Pedriáticas do Hospital Provincial realizarase por Gonzalo Gallas desde San Antoniño ou dende Gerardo Álvarez Limeses por Casimiro Gómez.

O xoves, o peche afectará aos veciños da zona de xeito que os garaxes do tramo de Casimiro Gómez, entre as rúas Gerardo Alvarez Limeses e rúa Padre Fernando Olmedo, Padre Amado Carballo e Gerardo Álvarez Limeses, terán o seu acceso por San Antoniño.

Por outra parte, os garaxes da rúa A Seca, entre as rúas Casimiro Gomez e Xosé Malvar, accederán por Padre Fernando Olmedo. Neste caso o cambio afectará só á mañá, xa que se espera normalizar o tráfico despois das 13.30 horas.

Comentarios