Críticas ao Concello por unha nova Feira Franca con uso de animais

Os colectivos activistas sinalan a existencia doutras alternativas de ocio
Feira Franca 2018. JOSE LUIZ OUBIÑA (7)
photo_camera Cabalos participando nunha edición pasada da Feira Franca. JOSE LUIZ OUBIÑA

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber (FFW) lamentan que o Concello de Pontevedra insista un ano máis no uso de animais para a convocatoria da Feira Franca, que se celebrará nos vindeiros 6 e 7 de Setembro.

Unha liña, sinalan, contraria á seguida por outras localidades, pola que non se precisa explotar animais como parte dunha recreación festiva. Así, e mentres esta edición de aniversario inclúe espectáculos cos animais na praza de touros, previo pago do convenio, exhibicións de cetrería e desfiles con bóvidos e équidos, as dúas últimas actividades teñen desaparecido das convocatorias medievais de A Coruña e Ferrol por someter as aves a condicións antinaturais e por considerarse que a súa aportación ao ocio era irrelevante, respectivamente.

Vencellado a isto, ambos colectivos resaltan a existencia de numerosas alternativas ao emprego de animais, como o reforzo das recreacións e actuacións teatrais, contratando grupos da comarca, apostando polo Novo Circo Galego e descentralizando a actividade do couso taurino nas diferentes prazas do municipio.

A Fundación Franz Weber e Libera! lembran que o Concello si ten avanzado noutras materias de benestar animal, pero na Feira Franca inisístese sen ter unha estratexia clara. Os activistas apostan por unha convocatoria libre de animais. con máis festa pero sen danar a ningún ser vivo.

Comentarios