O CSIC nomea delegado institucional en Galicia ao pontevedrés doutor en Bioloxía Javier Rey

Rleva ao profesor de investigación Antonio de Ron Pedreira
Javier Rey Campos. EUROPA PRESS
photo_camera Javier Rey Campos. EUROPA PRESS

A presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), Rosa Menéndez López, nomeou delegado institucional en Galicia ao doutor en Bioloxía Javier Rey Campos este luns.

Deste xeito, este científico titular do CSIC na Misión Biológica de Galicia (MBG) releva ao profesor de investigación do mesmo instituto Antonio de Ron Pedreira, que desempeñaba o cargo desde marzo de 2019.

Javier Rey Campos (Pontevedra, 1958) é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Bioloxía pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM).

Desde 2014 está adscrito á Misión Biológica de Galicia, da que exerce como vicedirector. Así mesmo, ocupou o cargo de director da Fundación General CSIC. 

Comentarios