miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

Cubertas todas as prazas da próxima camiñata de Ponteandadas polo Pontillón

Ruta de Ponteandadas por Salcedo e o Lago de Castiñeiras celebrada no ano 2018. GONZALO GARCÍA (ADP)
Ruta de Ponteandadas por Salcedo e o Lago de Castiñeiras celebrada no ano 2018. GONZALO GARCÍA (ADP)
"Pon de manifesto a demanda de este tipo de actividades", defende Tino Fernández

O interese dos pontevedreses polas rutas saudables do programa Ponteandadas "segue a rachar todas as expectativas". Así o asegura a Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, organizadora das andainas, tras anunciar que a marcha prevista para este domingo volveu colgar, ao igual que as anteriores camiñadas, o cartel de prazas esgotadas.

A ruta contará cun percorrido polo contorno do encoro do Pontillón do Castro, co punto de encontro na pista de piragüismo de Verducido.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, lembra que "cada ruta conta cun máximo de 200 prazas, o que pon de manifesto a demanda deste tipo de actividades, enmarcadas no proxecto de recuperación da vida activa e o exercicio ao aire libre A Vida é Movernos".

Como vén acontecendo, a camiñada desenvolverase seguindo un estrito protocolo anticovid, con grupos dun máximo de 20 participantes, recepción dos asistentes nun circuíto valado e medidas de prevención (xel desinfectante, luvas…), mascarilla obrigatoria, distancia mínima de dous metros e a necesidade de respectar as indicacións dos monitores, de non adiantalos e de manterse sempre no mesmo grupo. A ruta estará ademais marcada e indicada con frechas amarelas e conta con monitores titulados e servizo de ambulancia.

O programa Ponteandadas terá o seu colofón o 21 de novembro cunha nova saída polo parque forestal da Tomba. Todos aqueles interesados en participar xa poden comezar a xestionar as súas inscricións con Naturgaliza a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou o whatsapp 625 48 26 36.

Cubertas todas as prazas da próxima camiñata de Ponteandadas polo...
Comentarios