domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Culturgal imprescindible

A Feira das Industrias Culturais de Galicia programa máis dun cento de actividades desde este venres en Pontevedra

Todo listo para a XI Culturgal. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inaugurou este venres a Feira das Industrias Culturais de Galicia no Recinto Feiral de Pontevedra.

Este acto, no que participaron distintas autoridades políticas, organizadores e patrocinadores, supuxo o pistoletazo de saída dun evento que se desenvolverá ata o domingo e no que participan máis de 80 entidades. A feira inclúe arredor de 120 stands e unha programación de máis dun cento de actividades, entre as que destacan o espectáculo central, un concerto do gaiteiro Carlos Núñez; a preestrea da obra feminista Sofía e as postsocráticas, de Inversa Teatro; a proxección da gran triunfadora dos últimos premios Mestre Mateo (levou trece), Dhogs; a presenza do poeta e actual director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, que acaba de ser traducido por primeira vez ao galego por Tulipa Editora (un traballo do que se encargou o pontevedrés Isaac Xubín), e diferentes espectáculos infantís, como os de Oviravai ou Xoán Curiel.

Rosalia de Castro será a escusa para un convite colectivo a ler poesía e Manuel Moldes recibirá unha homenaxe no seu cabodano

Ademais, aproveitando a entrega do Premio do Público á Casa de Rosalía, haberá un pequeno espectáculo de Os Quinquilláns e un convite colectivo a ler poesía en directo no Espazo Foro (domingo, 18.45 horas). Tamén haberá unha sesión de micro aberto en homenaxe a Manuel Moldes, co gallo do seu cabodano, no Espazo Arte (domingo, 19.00 horas).

Culturgal estrea este ano Espazo Gastro e tamén venda dixital de entradas para a feira en xeral. A entrada de adulto custa 3 euros, a infantil, 2. Tamén existen bonos e packs familiares.

Culturgal imprescindible
Comentarios