Un curso de Benestar Social formará a 10 persoas de cara a traballar no SAF

Está dirixido a colectivos en risco de exclusión e con dificultades de inserción laboral 
Inauguración da acción formativa. DP
photo_camera Inauguración da acción formativa. DP

A Concellaría de Benestar Social, encabezada por Marcos Rey, acaba de inaugurar un novo curso, que acolle a Casa Azul, que formará a 10 participantes no eido da atención no domicilio a persoas que con déficits de autonomía. Así, os contidos xirarán en torno a nocións básicas de carácter preventivo e asistencial así como apoio en na realización de trámites administrativos e labores de acompañamento, socialización e fomento de hábitos saudables, coa psoibilidade de prestar os seus servizos no SAF pontevedrés unha vez rematada a actividade, en réxime de prácticas en colaboración coa empresa Idades. Cunha duración de 18 horas, o curso diríxese a persoas desempregadas, en situación de vulnerabilidade e con dificultades de incorporación ao mercado laboral.

A este respecto, Rey salientou a importancia destas figuras para axudar aos maiores nas tarefas da vida diaria e "manter o espazo doméstico en condicións axeitadas de habitabilidade”. Igualmente, dende a concellería agardan que "todos ou a maioría deles acaben sendo contratados para colaborar co Concello de Pontevedra na prestación do SAF”. 

Comentarios