Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Unha curta do CEIP Xunqueira 2 gaña o 'Nós tamén creamos'

Algúns dos alumnos que fixeron o proxecto

O CEIP Xunqueira 2 de Pontevedra suma un novo premio polo seu proxecto audiovisual A mellor sopa do mundo, baseado no conto de Susanna Isern.

Nesta ocasión trátase do certame Nós tamén creamos, que promove a Xunta a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que recoñece as mellores curtas de animación en galego elaboradas en stop-motion por profesorado e alumnado de Infantil e 1º a 4º de Primaria. O concurso subliña o excelente traballo realizado polos nenos e mestres do CEIP Xunqueira 2. Ademais, resultaron galardonados o CEIP Labarta Pose de Zas (A Coruña) e o CEIP de Ponzos, de Ferrol.

Cada un dos centros premiados recibirá un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e un diploma acreditativo. Ademais, o profesorado participante nas curtas premiadas obterá unha certificación de Premio de Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As curtametraxes seleccionadas poden verse no Portal da lingua galega (www.lingua.gal/nos-tamen-creamos), así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es).

Non é o primeiro galardón que recibe o centro por esta curta. O CEIP Xunqueira 2 xa recibiu o Olloboi de Arte 2018, un proxecto sen ánimo de lucro desenvolvido desde 2010 pola asociación cultural do mesmo nome na Barbanza.

Unha curta do CEIP Xunqueira 2 gaña o 'Nós tamén creamos'
Comentarios