jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

A curtametraxe do CEIP Campañó figura na carreira para os Mestre Mateo

Andrés Castro e María Fanjul con varias das protagonistas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
Andrés Castro e María Fanjul con varias das protagonistas. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
Atopando o camiño, un proxecto ligado á Ruta Xacobea que naceu como un proxecto de fin de curso, foi seleccionado con outras 26 pezas

Atopando o camiño, a peza creada no CEIP Parada-Campañó, foi incluida como unha das 27 candidata aos Premios Mestre Mateo 2020, concretamente na categoría de curtametraxe de imaxe real, un feito que encheu de ledicia á comunidade educativa e á produtora Aral Films, que a representa neste certame.

Trátase dunha curta de corte educativo co Camiño de Santiago como pano de fondo que comezou como un traballo de fin de curso, "pero pouco a pouco a cousa foi crecendo en equipo técnico e colaboracións altruístas", lembra unha das súas promotoras, a mestra María Fanjul.

Atopando o camiño, que se estreou no Teatro Principal de Pontevedra o pasado mes de setembro, xa formou parte da programación do Culturgal 2019 e da Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán. Ademais de estar protagonizada polo alumnado do colexio Parada-Campañó, contou coa participación de persoeiros como Óscar Ibáñez (que tamén puxo a banda sonora), Raquel Queizás (actriz e contacontos) ou dos membros do colectivo cultural Polo Correo do Vento, Carlos Taboada e Quique Mauricio, entre outros e outras. A curtametraxe foi codirixida por Andrés Castro, crítico de cine e guionista, e a propia Fanjul, que ademais de docente é produtora e escritora de contos infantís.

"Non sei se seremos finalistas pero, ser candidatos xa é o noso verdadeiro premio!", afirma.

7 DE MARZO. Agora é a quenda dos académicos da Academia Galega do Audiovisual, que ata o 4 de febreiro deberán elixir cos seus votos a catro finalistas en cada unha das 25 categorías. Ademais das 27 curtas, hai cinco longametraxes, 18 documentais, catro series de televisión, dez webseries, 26 programas de televisión, tres curtas de animación, 25 anuncios publicitarios e 36 videoclips.

A gala final na que se coñecerán os gañadores celebrarase o 7 de marzo no Palacio de la Ópera da Coruña.

A curtametraxe do CEIP Campañó figura na carreira para os Mestre Mateo
Comentarios