martes. 12.11.2019 |
El tiempo
martes. 12.11.2019
El tiempo

Da Silva chama a xuntar o voto "de país no BNG para darlle futuro a Galiza"

Mitin de Carme da Silva en Marín. DP
Mitin de Carme da Silva en Marín. DP
A nacionalista di que levará a Madrid o saneamento das rías e a xestión dos portos

"Temos que facernos valer e darlle futuro a Galiza". Así o indicou onte a cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, quen instou dende o mitin de Marín a xuntar o vindeiro domingo todo o voto de país no Bloque "para facernos valer como galegos e galegas e darlle futuro a Galiza poñéndoa no mapa político do Estado".

Da Silva destacou que despois das eleccións do 28-A hai moitas persoas "ás que lle quedou pena" de que Galicia e o BNG non conseguiran escanos por "un puñado de votos" e pediu a esas persoas que analicen o que aconteceu nos últimos seis meses, "co comportamento frívolo dos partidos madrileños sen chegar a acordo de goberno, e "dean unha oportunidade a Galiza da man do BNG".

A candidata lembrou que é necesario "que Galiza teña voz propia" nun momento no que está sobre a mesa o debate sobre o modelo territorial do Estado. Subliñou que nacionalidades históricas e outras rexións terán representación, polo que «é fundamental que Galiza non quede fóra do debate político".

A nacionalista falou en Marín da necesidade de xerar emprego de calidade adoptando medidas urxentes como o saneamento das rías galegas e a xestión propia dos portos, e destacou que o BNG defenderá no Congreso a elaboración dun Plan de rexeneración integral das rías galegas.

Da Silva chama a xuntar o voto "de país no BNG para darlle futuro a...
Comentarios