domingo. 12.07.2020 |
El tiempo
domingo. 12.07.2020
El tiempo

Daría González García dará nome ao CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra

Daría González García. DP
Daría González García. DP
A mestra e galeguista pontevedresa foi unha das primeiras universitarias galegas

A mestra e galeguista pontevedresa Daría González García (1912-1999) daralle nome ao actual CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra, segundo a orde publicada este luns polo DOG e asinada pola conselleira de Educación, Carmen Pomar trala proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

>Daría González pertenceu a unha familia pontevedresa, republicana e progresista, segundo explica a súa biografía incluída no proxecto Do gris ao violeta e asinada por María Xesús López Escudeiro. Foi unha das primeiras universitarias galegas (licenciouse en Filosofía e Letras en 1935) e militou no Partido Galeguista desde 1932 ata 1983. Formou parte da primeira promoción de mulleres Técnico Civil e adscribiuse á Inspección de Traballo de Pontevedra. Tamén cursou Maxisterio e graduouse en 1949.

Casada co avogado republicano Francisco Cerviño, participou en 1950 na fundación do Colexio da Inmaculada, onde impartiu docencia ata 1954, e exerceu de profesora nos institutos de Marín e Pontevedra. Tamén foi fundadora da Fundación Alexandre Bóveda, formou parte da xunta reitora da Fundación Castelao e estivo vinculada ao Museo de Pontevedra.

Foi elixida concelleira por Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas (1979) e exerceu como tentente de alcalde de Cultura entre 1980 e 1983. Tamén recibiu os premios Cidade de Pontevedra e Amigos de Pontevedra en recoñecemento ao seu compromiso coa súa cidade e con Galicia.

Daría González García dará nome ao CEIP Príncipe Felipe de Pontevedra
Comentarios