Depoforest nace para crear 'emprego verde' en núcleos rurais da provincia

A idea é mellorar a calidade da madeira dos piñeiros da provincia e apostar por novos aproveitamentos, como a extracción de resina
Carmela Silva
photo_camera Carmela Silva. ADP

O proxecto Depoforest-Xestión integral e aproveitamento de piñeirais da Deputación de Pontevedra ponse en marcha coa finalidade de facer fronte ao reto demográfico e ao despoboamento territorial. Para iso, apostará pola creación de emprego verde no medio rural, contribuíndo así á protección integral do monte dentro dunha estratexia forestal diversa e sostible.

O proxecto está cofinanciado ao 90 por cento polo Fondo Social Europeo a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Recibe para a súa posta en marcha 102.466 euros.

A idea é mellorar a calidade da madeira dos piñeiros da provincia e apostar por novos aproveitamentos, como a extracción de resina.

Comentarios