As instalacións deportivas para fútbol base non abrirán sen un calendario da RFGF

Tino Fernández insta ao organismo a obrar con "sensatez"
O edil de Deportes, Tino Fernández. DP
photo_camera O edil de Deportes, Tino Fernández. DP

O tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández informou este luns de que Pontevedra “manterá pechadas as instalacións socioculturais mentres a incidencia non diminúa", ata situarse por debaixo dos 50 casos por cada 100.000 habitantes”. Así, explicou que “as instalacións deportivas municipais xa están abertas para adestramentos e competicións das categorías Infantil, Cadete e Xuvenil”, mais condicionou a reapertura das mesmas para Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns á presentación dun calendario oficial fixado pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF).

Con todo, instou á RFGF a que manobre con "sensatez", posto que "a posibilidade de que nenos de 4, 5 e 6 anos poidan ir facer deporte implica que impepinablemente os seus pais tamén teñan que ir e, polo tanto, un perigo potencial” respecto á probabilidade de contaxios.

O TOQUE DE QUEDA MODIFICA OS HORARIOS. Dada a imposición do toque de queda nocturno ás 22:00 horas, o edil socialista asegurou que “convivimos cunha limitación que obriga a pechar as instalacións ás 21:30 horas, o que “supón que os equipos que estaban adestrando de 21:30 a 23:30 horas, agora o fan de 19:30 a 21:30 horas, e os que adestraban de 19:30 a 21:30 horas, agora adestran de 17:30 a 19:30 horas. O espazo de tempo é o que é, polo que serán os clubs que teñen un lote horario os que decidan se adestran aos Xuvenís, aos Benxamíns ou aos Infantís". 

Comentarios