jueves. 16.07.2020 |
El tiempo
jueves. 16.07.2020
El tiempo

A Deputación e Abanca lanzan unha app que facilita o pagamento de tributos municipais

Un teléfono móvil. DP
Un teléfono móvil. DP
A ferramenta dixital, que está dispoñible desde este luns, busca potenciar a utilización da administración electrónica

A Deputación de Pontevedra e Abanca lanzaron este luns unha aplicación móbil que sirve como novo instrumento de pagamento dos tributos municipais e calquera outro ingreso de dereito público xestionado polo ente provincial. Con esta nova ferramenta dixital, as persoas usuarias serán quen de realizar o pago dos impostos xestionados polo ORAL "cunha maior facilidade, dende calquera lugar e en calquera momento dentro dos períodos de cobro de cada mes".

A aplicación, dispoñible para os sistemas operativos Android e IOS, é de carácter gratuíto. Así, a creación desta nova app móbil busca fomentar a utilización da administración electrónica co obxectivo de evitar, nestes tempos de Covid, "desprazamentos innecesarios fóra do fogar". 

A posta en marcha da aplicación móbil atópase inserida dentro do paquete de medidas urxentes extraordinarias nos ámbitos social e económico establecido pola Deputación para facer fronte ó virus. 

A Deputación e Abanca lanzan unha app que facilita o pagamento de...
Comentarios