Martes. 13.11.2018 |
El tiempo
Martes. 13.11.2018
El tiempo

A Deputación apoiou preto de 300 proxectos de asociacións no marco do Ano Castelao

Celebración do Correlingua na praza da Ferrería.
Celebración do Correlingua na praza da Ferrería.
Ás liñas de axudas súmaselle o apoio aos catro festivais audiovisuais e ao Correlingua

Apoiar propostas culturais realizadas polo tecido asociativo da provincia foi un dos eixos estratéxicos do departamento de Cultura e Lingua da Deputación. Con este obxectivo habilitou dúas grandes liñas de axudas, unha denominada globalmente Ano Castelao, e outra encamiñada á dinamización do galego. A maiores destas axudas, ambas convocadas en réxime de concorrencia competitiva, o organismo provincial apoiou economicamente os catro festivais audiovisuais da provincia organizados por movementos asociativos - o Play-Doc deTui, o Festival de Cans, o FIC-Bueu, e o Curtas FilmFest de Vilagarcía-; e á asociación que organiza o proxecto de promoción do galego en centros educativos ‘'Correlingua'’.

O deputado Xosé Leal salientou que "2016 foi un ano de moitas novidades en canto ás axudas a colectivos. Introduciuse a figura de Castelao, que fixo que moitos proxectos xiraran en torno ás actividades que el cultivou. Tamén foi un ano importante para a lingua porque realmente todas as accións do departamento puxeron o galego no escaparate que merece".

As axudas ‘'Ano Castelao'’ tiñan por obxecto promover e fomentar actividades culturais realizadas por persoas físicas e xurídicas sen fins de lucro. Ao abeiro desta liña foran aprobados 164 proxectos presentados por asociacións e agrupacións culturais de toda a provincia.

Para a adxudicación destas subvencións, as bases reguladores contemplaban catro criterios: a difusión da actividade, segundo sexa de ámbito local, provincial, nacional ou internacional; o orzamento total da actividade; a porcentaxe solicitada de financiamento; e a adecuación da actividade ao interese provincial.

FESTIVAIS E CORRELINGUA. O Ano Castelao tamén estivo presente en todos os festivais audiovisuais de envergadura da provincia coa proxección de '‘Miss Ledya'’, no ano do centenario da estrea deste filme. Foron os catro festivais que ademais contaron con apoio económico por parte da Deputación: o Play-Doc de Tui (8.000 euros), o Festival de Cans do Porriño (12.000 euros), o FIC-Bueu e o Curtas FilmFest de Vilagarcía, cada un con 6.000 euros.

Outra iniciativa que contou con apoio da institución provincial por vez primeira foi o Correlingua, unha actividade escolar que dura todo o curso. Iníciase no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos - vídeo, banda deseñada e manifesto- por medio dos cales o alumnado reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentospara defender o seu dereito a vivir e medrar en galego.

Na edición 2016, o ‘Correlingua’ percorreu doce localidades galegas, baixo o lema: ‘'O galego está en nós'’, inspirado nun poema do poeta chairego ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016, Manuel María.

A Deputación apoiou preto de 300 proxectos de asociacións no marco...
Comentarios