Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

A Deputación aposta por visibilizar á muller e ás Rías Baixas con 'María Solinha 2.0'

Os membros do Goberno provincial xunto a Vilar e a Fabián Figeroa e Pino Prego, de Vigópolis. GONZALO GARCÍA
Os membros do Goberno provincial xunto a Vilar e a Fabián Figeroa e Pino Prego, de Vigópolis. GONZALO GARCÍA

A institución achegará 50.000 € para a nova película de Ignacio Vilar, rodada integramente en galego en diferentes lugares da provincia

"Apoiar á cultura e ao cinema feito en Galicia, dar a coñecer o territorio da provincia e apostar pola visibilización das mulleres, tamén das que foron silenciadas como María Soliña".Estes son, segundo explicou a presidenta provincial, Carmela Silva, os obxectivos que persegue a Deputación co seu apoio a María Solinha 2.0, a nova longametraxe dirixida por Ignacio Vilar.

Concretamente, o departamento provincial de Cultura achegará 30.000 euros á produción e o de Turismo, outros 20.000, polo que os deputados de ambas áreas, Xosé Leal e Santos Héctor, respectivamente, participaron na presentación do apoio ao proxecto cinematográfico xunto ao vicepresidente, César Mosquera, e ao equipo de produción e dirección.

María Solinha 2.0, cuxa estrea está prevista para a primavera de 2019, rodarase integramente en galego e en diferentes espazos da provincia tales como Vigo, Cangas, Bueu ou as Cíes a finais deste ano. Será producida por Vigopolis e por Vía Láctea Films e contará coa actriz canguesa Andrea Santos como protagonista.ç

María Solinha 2.0 rodarase integramente en galego e en diferentes espazos da provincia tales como Vigo, Cangas, Bueu ou as Cíes

Tal e como explicou Silva, o apoio da Deputación débese principalmente á necesidade de "apoiar á cultura feita na provincia e por xente de aquí", ademais de apostar por proxectos que dean visibilidade ás mulleres. A presidenta tamén subliñou o importante papel que cumpre o cinema "para dar a coñecer os territorios e atraer a visitantes". Neste eido, destacou que "o vindeiro ano, e por primeira vez na súa historia, Fitur vai ter un espazo no que expoñer cuestións que ligan turismo e cine. Neste aspecto a provincia de Pontevedra quere ser unha referencia, queremos converter ao noso destino nun plató, xa que temos todas as características para que isto poida ser así", destacou a dirixente.

O deputado Xosé Leal tamén fixo fincapé na 2aposta da Deputación polos novos creadores e polo cinema galego e o feito en galego, no que Ignacio Vilar é xa un referente". Así, lembrou que o ano pasado a institución provincial apoiu tamén dous filmes nesta lingua: Trote e A estación violenta, que precisamente se presentou estes días no Festival de Cans e o próximo 15 de xuño se estreará nos cines.

En palabras súas, "o noso audiovisual está aventurándose cada vez máis a rodar en galego", dixo e tamén destacou a importancia de que a película dirixida por Ignacio Vilar inclúa "a unha figura tan especial para O Morrazo e para a provincia de Pontevedra como foi María Soliña. Este filme pon en valor a mulleres coma ela pero en clave actual".

A película dirixida por Ignacio Vilar inclúe "a unha figura tan especial para O Morrazo e para a provincia de Pontevedra como foi María Soliña"

Pola súa banda, o director da longametraxe apuntou que "o cine galego ten que competir en Madrid con outros 300 proxectos" polo que apoios como o da Deputación "son fundamentais". Sinalou que a principal idea da película "é dar resposta á pregunta de como sería agora María Soliña, unha muller loitadora e libre, se vivise na actualidade".

Ignacio Vilar tamén puxo en valor o papel do cinema que «axuda a amar o noso e a dalo a coñecer ao mundo».

A Deputación aposta por visibilizar á muller e ás Rías Baixas con...
Comentarios