A Deputación comeza o desbroce dos terreos do séptimo edificio do Museo

A roza da maleza da parcela de Valdecorvos usaranse para facer compostaxe ►Os traballos anticipan o deseño do futuro inmoble
Traballos de desbroce, este mércores, na parcela do Concello en Valdecorvos. GONZALO GARCÍA
photo_camera Traballos de desbroce, este mércores, na parcela do Concello en Valdecorvos. GONZALO GARCÍA

A Deputación comezou este mércores a roza da maleza e arborado da parcela de Valdecorvos na que se construirá o séptimo edificio Museo, adicado á arqueoloxía, co fin de iniciar os estudos previos para desenvolver o deseño do novo inmoble. Unha empresa de Sanxenxo é a encargada de realizar a tarefa, que se desempeñará con medios mecánicos e manuais para deixar limpos os 9.509 metros cadrados da finca.

A actuación de desbroce estaban previstos para hai semanas pero tiveron que ser adiados polas restricións derivadas da crise sanitaria da Covid-19 xusto cando se ían iniciar. Varios operarios e maquinaria de diferente tamaño e alcance e a previsión é que finalicen esta semana se non se producen complicacións, deixando a finca totalmente accesible e libre de árbores, silveiras e outros matoxos. "Terase especial coidado de deixar sen talar algúns exemplares singulares", sinalaron o mércores responsables da Deputación a través dun comunicado de prensa.

O seguinte paso será a elaboración dun estudo taquimétrico, para coñecer a situación do terreo e os seus posibles desniveis. Este informe será esencial para encaixar o inmoble, que terá entre 3.500 e 4.000 metros cadrados.

A continuación comezarse co deseño, para o que será necesario facer un informe topográfico. A construción asemellarase ao concepto do Centro de Coleccións Patrimoniais de Guipúscoa, o Gordailua, que foi concebido aloxar fondos de valor arqueolóxico.

A roza da maleza da parcela de Valdecorvos converterase nun recurso en lugar de ser un elemento do que desfacerse. De feito, a coordinación entre o persoal técnico do Museo e a equipa do Plan Revitaliza permitirá que todo ese material leñoso se destine a estruturante para compostaxe. Así, a empresa responsable do desbroce levará todo o material cortado a Prícipe Felipe.

Comentarios