A Deputación de Pontevedra súmase ao loito oficial polo asasinato machista de esta fin de semana de Ana Vanessa, de 44 anos a mans da súa exparella, ás portas do cámping no que traballaba no municipio de Oia.
Desde este luns e durante tres días, as bandeiras dos tres edificios da institución, o Pazo Provincial, o Edificio Administrativo en Pontevedra e a Sede de Vigo na rúa Chao, locen a media hasta en sinal de dó por este novo asasinato machista, o segundo que se rexistra na comunidade galega neste ano despois do que lle custou a vida a Beatriz Lijó no mes de febreiro en Baiona.
A presidenta en funcións da Deputación, Carmela Silva, condenou este novo crime, co que se elevan a 21 as mulleres vítimas mortais da violencia de xénero en España no que vai de ano 2023 e a 1.025 desde que se iniciaron os rexistros no 2003.
Concentracións de repulsa
Na capital provincial sucedéronse varias concentracións de repulsa polo asasinato de Ana Vanessa. Na subdelegación do Goberno houbo unha concentración ao mediodía deste luns e pola tarde, ás 20.00 horas, está prevista una concentración frente a Audiencia Provincial convocada polos colectivos femininistas.
Anabel Gulías: "Os protocolos non funcionan"
"Os protocolos non funcionan". Así de tallante se mostrou este luns a voceira do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, ao valorar o recente asasinato machista en Oia. "Urxen novos protocolos e unha reflexión sobre a gravidade do acontecido", engadiu Gulías antes dos minutos de silencio que se gardaron na capital das Rías Baixas.
Gulías instou as autoridades a revisar as medidas de protección ás vítimas de violencia de xénero despois do caso Ana Vanessa Serén, que foi asasinada a tiros pola súa exparella, garda civil. "Quen debería protexer ás vítimas converteuse no asasino", lamentou. "Síntome impotente como muller. E como responsable política cómpre buscar unha solución contra a lacra machista", recalcou a edil do BNG.