Miércoles. 14.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 14.11.2018
El tiempo

A Deputación destina máis de 1.552.000 de euros ao plan de mobilidade en 38 concellos

Medidas de calmado de tráfico en Moaña. DP
Medidas de calmado de tráfico en Moaña. DP

As obras de construción de lombos e redutores de velocidade, que se atopan en fase de contratación, iniciaranse en 2019

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai destinar máis de 1.552.000 euros á construción dos novos lombos e redutores de velocidade do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura 2 (Móvese 2) en 38 concellos da provincia. O deputado Uxío Benítez anunciou que vén de aprobarse a contratación destas obras en Xunta de Goberno co obxectivo de aumentar a seguranza da rede viaria provincial.

O Móvese 2 inclúe a instalación de 358 novos elementos de calmado de tráfico que, unidos aos 638 do Plan Móvese inicial da Deputación e a todos os instalados polos gobernos municipais, sumarán un total aproximado duns 3.000 na provincia. Nesta ocasión os concellos de Rodeiro, A Estrada, Cambados, Meaño e Meis, que non solicitaran dispositivos de calmado de tráfico no primeiro plan Móvese, aproveitaron para sumarse á iniciativa provincial e facer as súas peticións, que ascenden a 50 redutores e pasos de peóns sobreelevados. Os municipios restantes repetiron solicitude para completar actuacións anteriores.

A contratación dos lombos vaise acometer en dous lotes por cuestións xeográficas: un para a zona norte da provincia e outro para a zona sur, con importes de 788.711 euros e 763.434 respectivamente. A intención é que unha vez pechados os trámites burocráticos as obras se inicien o vindeiro 2019 e se adapten á climatoloxía co fin de evitar problemas de execución polas chuvias.

O deputado lembrou que existe unha grande demanda de elementos de calmado de tráfico por parte dos concellos. Destacou que as peticións á Deputación incluso se manteñen despois de ter pechado esta segunda fase do Móvese, polo que deixou a porta aberta a unha nova edición.

Benítez subliñou que a tendencia xeral de seguranza viaria segue a liña de calmado de tráfico na que está a traballar a Deputación e sinalou que o Móvese está a ter recoñecementos de diferentes institucións como a DXT ou a Asociación Española de la Carretera.

A Deputación destina máis de 1.552.000 de euros ao plan de...
Comentarios