martes. 11.05.2021 |
El tiempo
martes. 11.05.2021
El tiempo

A Deputación de Pontevedra dota con 42,5 millóns ao Plan Concellos

Silva y Mosquera durante la presentación. DP
Silva y Mosquera durante la presentación. DP
Silva e Mosquera subliñan o carácter "histórico" das achegas e a "autonomía local" dos Concellos para dispoñer dos cartos

Os concellos da comarca de Pontevedra recibirán o próximo ano case 7,6 millóns de euros do Plan Concellos da Deputación, que este venres subliñou este anuncio como a maior transferencia de recursos da historia da institución. Os números do Plan do vindeiro ano, que ascende a 42,5 millóns, 300.000 máis que en 2020, foron presentados esta mañá pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o vicepresidente César Mosquera, e responden como en anos anteriores a criterios técnicos de poboación, superficie, núcleos e densidade.

Así, na comarca de Pontevedra, os investimentos do Plan provincial serán para Poio de 1.085.134 euros; Cerdedo-Cotobade 971.287 euros; Marín 908.140 euros; Caldas de Reis 741.053 euros; Ponte Caldelas 581.383 euros; Cuntis 562.637 euros; Vilaboa 522.980 euros; A Lama 493.057 euros; Moraña 489.333 euros; Barro 445.712 euros; Portas 392.450 euros; e Campo Lameiro 385.311 euros. O balance dos investimentos só do Plan Concellos estes 5 anos na comarca pontevedresa ascende a máis de 43 millóns de euros (43.368.934€). Os datos foron comunicados aos alcaldes e alcaldesas dos 59 concellos da provincia beneficiarios do Plan "a fin de que saiban o antes posible as achegas que van recibir para poder incorporalas aos seus respectivos orzamentos". 

"Trátase do plan estrela da Deputación, do paradigma de respecto da autonomía local municipal e permite que os concellos decidan libremente a que dedicar os recursos" asegurou Carmela Silva na presentación. Este ano, "todas as comarcas van recibir máis recursos que o ano anterior", destacou a presidenta, quen amosou unha vez máis o seu orgullo ao coñecer que a Deputación, segundo os datos do Ministerio de Facenda, "volve ser a administración que máis transferencias fai aos municipios". 

Según Silva, o Plan Concellos repártese de forma equilibrada, beneficiando máis aos máis pequenos. Os concellos de entre 1 e 10.000 habitantes recibirán 20,5 millóns; os de entre 10.001 e 20.000 terán 14,3 millóns; e os de entre 20.001 e 50.000 habitantes disporán de 7,9. "Somos moi conscientes do papel que teñen que desenvolver as Deputacións, sobre todo de apoio aos concellos de menos de 20.000 habitantes e, neste eido, imos destinar a este grupo preto dos 35 millóns de eruos", dixo Silva.

O Plan presenta novidades. Como xa podían facer desde o inicio de pandemia, os concellos poden destinar ata o 30% da cantidade da liña 1 a incrementar o importe das liñas 2 e 3 e facer fronte así ás necesidades derivadas da crise. Esta medida verase complementada agora con outra nova: dáse opción aos concellos a destinar ata o 20% da liña 1, un total de 6 millóns de euros, a establecer un plan de axudas aos sectores máis afectados pola pandemia.

Pola súa banda, o vicepresidente César Mosquera subliñou o esforzo da Deputación na axuda aos concellos da provincia salientando que sumado o Plan Concellos (42,5 millóns de euros) e as liñas de actuación (Revitaliza, Ágora, actuacións en vías provinciais...), invístense 75 millóns de euros anuais nos municipios, o que supón o 64% dos recursos provinciais unha vez descontado o capítulo de persoal. "Máis é imposible. Estamos a facer un esforzo máximo e non debe haber deputación que faga algo parecido", subliñou.

Xa en canto ao Plan Concellos, Mosquera fixo fincapé no seu afán de cohesión territorial, xa que destina proporcionalmente moitos máis cartos por habitante aos concellos de menor poboación. "Hoxe fálase da España vaciada, pero a Deputación leva facendo isto dende o ano 2015, dende antes de que se falara disto", lembrou. Sinalou que para os municipios de menos de 10.000 habitantes só o Plan Concellos representa máis dunha cuarta parte do seu orzamento. "O normal é que dispoñan de entre 400 e 500 euros por habitante, e a Deputación achega 117 . Nalgúns casos pasa do 30% do orzamento, polo que poden actuar razonablemente" achegando servizos á súa cidadanía, comentou.

A Deputación de Pontevedra dota con 42,5 millóns ao Plan Concellos
Comentarios
ç