A Deputación estrea salas de lactación facilitando a volta ó traballo das nais

► As dúas dependencias, sitas no Pazo provincial e o edificio administrativo, contan con sofá, lavabo, microondas e refrixerador
► A institución pontevedresa é a primeira de Galicia de ámbito provincial que conta con este servizo para as súas empregadas
2020082212394658063
photo_camera Os deputados Victoria Alonso e Carlos López Font facendo un percorrido polas salas de lactación. BEATRIZ CÍSCAR

As salas de lactación do Pazo Provincial de Pontevedra e do edificio Administrativo xa están rematadas e postas a disposición para as traballadoras. A dotación de espazos de lactación está pensado especialmente para que as mulleres poidan sacarse o leite e facilitar, desta maneira, o período de lactación na sua reincorporación laboral.

A deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, xunto co deputado de Facenda, Carlos López Font, fixeron onte unha visita e presentaron os novos espazos habilitados para a lactación nas entreplantas dos edificios. Ademáis tamén se inclúen duas salas de comedor "para desfrute dos traballadores e traballadoras" afirmou Victoria Alonso.

En total, entre o Pazo Provincial e o edificio Administrativo, hai duas salas de lactación "unha en cada edificio, para que non supoña unha incomodidade desplazarse dun a outro, igual que os comedores" engadiu a deputada. Trátase de espazos amplos e equipados con sofá, refrixerador, microondas, lavabo e cambiador, amais das correspondentes dotacións de hixiene e protección contra a Covid-19.

O obxetivo principal do acondicionamiento destas salas é "que as traballadoras se sintan cómodas á hora de sacar o leite, e non teñan que ir ao baño como ata agora" explica a deputada de Igualdade, segundo a cal a idea xurdiu de querer atender as necesidades das traballadoras e que atopen un espazo íntimo e cómodo. Aínda que as destinatarias principais sexan as traballadoras da Deputación, non é de uso exlusivo, tamén estarán a disposición de aquelas que se atopen nas instalacións por motivos de formación ou trámite "a partir de agora as mulleres que traballan da Deputación, e tamén as que asistan a reunións, cursos ou actos, poderán a máis de sacarse o leite, dar o peito ou biberón ás suas crianzas se o precisan" sinalou a Victoria Alonso.

Trátase dunha iniciativa con caracter pioneiro, por mor disto a Deputación de Pontevedra se converte en referencia en materia de igualdade, xa que é a primeira de Galicia e unha das primeiras de España en contar con este servizo, "poucas administracións contan con estas salas e a Deputación de Pontevedra quería ser pioneira neste sentido, incorporando estas ubicacións nas nosas instalacións" ademáis "a Deputación dá un paso máis na dirección da inclusión" engade a deputada. Desta maneira,segundo Victoria Alonso, se da cumprimento á previsión do Plan de Igualdade vixente no senso "dunha mellor compatibilización da vida persoal coa vida laboral".

O protocolo tanto para o emprego das salas como para os comedores é exhaustivo. No caso das traballadoras da institución deberán reservar no Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Estableceranse quendas para o seu uso, extremando as medidas de hixiene. Así, a sala poderá ser usada en cada quenda por unha nai (sen acompañantes) e será obrigatorio desinfectar as mans e usar luvas durante todo o uso das instalacións. Doutra banda, nos comedores tamén é limitado o seu uso neste caso a duas personas ao mesmo tempo, que deberán respectar a distancia de seguridade de dous metros.Garántese tamén o acceso as dotacións para a hixiene e protección. Cada persoa encargarase da limpeza da sua louza e de limpar e desinfectar a zona da mesa e cadeira.

Comentarios