A Deputación impulsa unha Axenda propia para a transformación da provincia

O ente provincial constitúe unha comisión interdepartamental que busca converter á provincia nun espazo máis sostible, relisiente e seguro
Silva e Mosquera presidiron a xuntanza. DP
photo_camera Silva e Mosquera presidiron a xuntanza. DP

A Deputación de Pontevedra vén de constituír unha Comisión Interdepartamental a fin de "elaborar de maneira participativa" e con "visión estratéxica" unha Axenda Urbana e Rural propia para transformar á provincia de Pontevedra nun espazo "máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro".

A presidenta do ente provincial, Carmela Silva, xunto ó vicepresidente provincial, César Mosquera, presidiu a reunión de constitución desta comisión que traballará para tender redes con institucións, sectores estratéxicos e o tecido social.

Este equipo estará integrado por persoal dos servizos de Infraestruturas (que coordina a comisión), Mobilidade, Turismo, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza.

Elaborarase un documento estratéxico para o desenvolvemento sostible e integrador da provincia

Con esta inciativa, a Deputación de Pontevedra segue o camiño que xa iniciaron outras institucións provinciais como Barcelona ou Granada para, como primeiro paso, realizar un diagnóstico da situación da provincia e, a partires de aí, elaborar un documento estratéxico que contemple os principios, objetivos, criterios y pautas de actuación "para o desenvolvemento sostible e integrador da provincia".

OBXECTIVOS. A Axenda da provincia identificará as "áreas funcionais" do territorio que, en moitos casos, coincidirán coas comarcas. Isto "permitirá ser máis eficaces á hora de implantar accións ou programas" e, ademais, determinará as actuacións que se levarán a cabo para establecer prioridades e ordenalas en función da súa tipoloxía.

É dicir, distinguirase se se trata de actuacións de carácter normativo, de planificación, de financiación, de mellora da gobernanza, transparencia e participación, intercambio e difusión do coñecemento ou boas prácticas.

Finalmente, a Comisión Interdepartamental da Axenda Urbana e Rural para a provincia tamén valorará a presentación de propostas ó programa de axudas á elaboración de proxectos pilotos de Plan de Acción Local que contempla o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia del Gobierno del Estado.

Comentarios