viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

A Deputación leva investidos máis de dous millóns en administración electrónica

Carmela Silva, presidenta da Deputación. BEATRIZ CÍSCAR
Carmela Silva, presidenta da Deputación. BEATRIZ CÍSCAR
Lanzou servizos como o padrón municipal, a plataforma telemática para reunións ou o sistema de cita previa

A Deputación está a impulsar iniciativas tecnolóxicas que están modernizando os concellos da provincia. Deste xeito, amais do servizo provincial de administración electrónica ou o padrón municipal de habitantes, no último ano lanzou a plataforma telemática para reunión de órganos colexiados, que permitiu a celebración de plenos e xuntas de goberno a distancia en tempos e pandemia, o sistema de cita previa para a atención da cidadanía evitando aglomeracións ou a app para a xestión dos tributos do ORAL sen ter que desprazarse ás oficinas para realizar pagamentos.

Ao longo dos últimos cinco anos o goberno da Deputación investiu no proxecto de administración electrónica e servizos asociados ao mesmo máis de 2 millóns de euros. Con este investimento, estase a garantir que 53 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades poidan dar cumprimento ás obrigas da Lei 39/2015.

FORMACIÓN. Xunto á implantación das aplicacións necesarias que permiten, entre outras cousas, o rexistro electrónico, a xestión de expedientes ou a sede electrónica, o servizo de administración electrónica da institución inclúe o soporte ás persoas usuarias, o mantemento e a formación. Ata o momento formáronse xa a 2.814 persoas técnicas que traballan nos concellos e a 1.367 cargos públicos municipais.

Ante a pandemia e co fin de garantir os servizos municipais, impulsáronse dúas novas prestacións habilitadas na plataforma de administración electrónica: o módulo de reunións virtuais e retransmisión en directo e o servizo de cita previa. En canto ao primeiro, permite sesións telemáticas dos órganos colexiados, reunións, mesas de contratación e traballo colaborativo entre persoal funcionario a distancia. No que respecta á cita previa, permite reservar con anterioridade unha cita presencial, telemática ou telefónica no concello, evitando aglomeracións e garantindo o mantemento das distancias de seguridade e a correcta atención da cidadanía.

A Deputación leva investidos máis de dous millóns en administración...
Comentarios
ç