La Deputación negocia reconocer como suelo vecinal la parcela de Príncipe Felipe

Los comuneros confían en que el acuerdo evite llegar a los tribunales, como ocurrió con el terreno del hospital Montecelo
Vista general del Centro Príncipe Felipe, de sus inmuebles e instalaciones deportivas. RAFA FARIÑA
photo_camera Vista general del Centro Príncipe Felipe, de sus inmuebles e instalaciones deportivas. RAFA FARIÑA

La Deputación y la Comunidade de Montes de Mourente mantienen conversaciones para tratar de llegar a un acuerdo extrajudicial sobre la titularidad vecinal de los terrenos en los que está situado el Centro Príncipe Felipe. La entidad vecinal y la Administración provincial quieren esquivar la vía judicial, sobre todo porque los casos similares que acabaron en litigio fueron resueltos a favor de los intereses de los vecinos (por ejemplo, las sentencias del Tribunal Supremo en las que se declara la propiedad vecinal de la parcela sobre la que se asienta el hospital Montecelo y del monte de Salcedo que estaba siendo utilizado por la Brilat para maniobras militares).

La junta directiva que preside Xosé Carlos Morgade es optimista respecto a las conversaciones, convencida de que van a resultar fructíferas. "Estou convencido de que os servizos xurídicos da Deputación xa saben de memoria o texto das sentenzas precedentes que foron favorables aos veciños de Salcedo e Mourente, empezando polo propio criterio de imprescriptibilidade do monte comunal".

El vicepresidente de la Deputación, César Mosquera, efectuó en su día –nada más conocer la resolución del litigio por la titularidad de la parcela del hospital Montecelo– unas declaraciones en las que señalaba que "non hai nada que dicir, aínda que unha cousa é a vontade política de recoñecer aos veciños como lexítimos donos dos terreos e outra cousa distinta é o proceso legal que será necesario percorrer". Los comuneros confían en que ese recorrido no suponga la implicación de los tribunales porque "sería más difícil chegar a un acordo se temos que ir á vía xudicial, sobre todo porque para os veciños suporía ter que afrontar uns gastos importantes".

SIN MIEDO. "Xa falamos coa Deputación pero foron os primeiros contactos para tratar de chegar a un acordo extraxudicial. Que a institución provincial estea disposta a sentarse a falar con nós xa é moito. Non queremos ter que chegar aos tribunais, aínda que non nos asustaría ter que emprender esta vía no caso de que a institución provincial non recoñeza explícitamente que os terreos son dos comuneiros de Mourente. Temos algúns cartos para contar cos servizos de peritos e avogados".

Según los comuneros, los representantes de la Administración que preside Carmela Silva recordaron en esos primeros encuentros que la transferencia de los distintos centros educativos y formativos que están situados en los terrenos de Príncipe Felipe es un proceso "complexo" que "vai para largo" sobre el que el colectivo parroquial de Mourente no se va a pronunciar. "Só queremos falar coa Deputación sobre a titularidade dos terreos", subraya Morgade, al mismo tiempo que "en principio" descarta involucrar en la negociación a otras administraciones dependientes de la Xunta de Galicia que poseen centros formativos en la parcela de Príncipe Felipe.

"Danos a impresión de no caso de ter que negociar con outras administracións nos obligaría a recurrir irremisiblemente a un conflito xudicial, como pasou co hospital Montecelo", advierte el dirigente de los comuneros de Mourente.

Respecto a la posibilidad de que las negociaciones con la Deputación provincial pudiesen incluir la fijación de un canon por el alquiler de los terrenos, Morgade puntualiza que "sería prematuro dicilo. O que xa nos parece positivo é que o Goberno provincial estea disposto a dialogar para intentar chegar a un acordo extraxudicial que nos recoñeza aos comuneiros de Mourente como lexítimos propietarios dos terreos de Príncipe Felipe".

XOSÉ CARLOS MORGADE. PRESIDENTE DOS COMUNEIROS
"As circunstancias sonnos favorables porque xa temos a sentenza firme de Montecelo"

Por que poñen enriba da mesa a reivindicación da titularidade veciñal de Príncipe Felipe?
Porque cremos que chegou o momento de recuperar a titularidade dos terreos do Centro Príncipe Felipe. As circunstancias son favorables, porque xa temos unha sentenza firme que recoñece que o monte Montecelo é dos comuneiros de Mourente.

Cambiou o talante da Deputación provincial?
Iso está claro. Temos a esperanza de chegar a un entendemento co Goberno provincial (compartido por PSOE y BNG) porque agora é máis proclible a negociar que en tempos pasados. Príncipe Felipe foi unha especie de caixón de xastre de necesidades, coa instalación de centros como a escola de hostelería Carlos Oroza e distintas instalacións educativas (todas elas competencia da Administración galega) e deportivas que están sendo utilizadas de forma preferente polos clubes máis profesionalizados da cidade.

Cal pensa que vai ser o futuro da Cidade Infantil Príncipe Felipe?
Non se sabe o que vai pasar con Príncipe Felipe, onde a día de hoxe hai de todo e que non se corresponde co antigo acordo municipal de ceder eses terreos para casa-cuna. Desde hai anos a Deputación quere desprenderse de Príncipe Felipe xa que é a Xunta de Galicia a que ten actualmente as competencias sobre unhas instalacións nas que están acollidos mozos e mozas en situación de indefensión. Antes de negociar unha posible contrapartida económica (un canon como o que solicitará ó Sergas polo uso dos terreos do Hospital Montecelo) teremos que ver como se resolve a transferencia dos centros e se tamén teriamos que falar coa Xunta.

Cal é a superficie forestal de Mourente?
Mourente é a parroquia de Pontevedra que ten menos superficie de monte comunal, con 40 hectáreas repartidas en pequenas parcelas (ten a cuarta parte que outras parroquias). Ao estar situada preto do núcleo urbano unha parte dela está integrada no casco urbano, urbanizada e en vías de urbanización, como é o caso dos barrios de Monte Porreiro e Valdecorvos. Mourente ten pouco monte comunal e está moi fragmentado, ademais de que os seus mellores terreos, situados en Montecelo, están afectados por un uso público.

Comentarios