jueves. 13.05.2021 |
El tiempo
jueves. 13.05.2021
El tiempo

A Deputación pecha 2020 con máis de 9,5 millóns investidos en viais

Gregorio Agís. DP
Gregorio Agís no vial Peso-Caroi. DP
Máis de 3,2 millóns de euros corresponden ao acordo marco de obras de conservación de firmes e preto de 1,2 millóns ao Plán Móvese

Ao longo do 2020 a Deputación de Pontevedra investiu máis de 9,5 millóns de euros na mellora da mobilidade e seguridade viaria de estradas da provincia. Desde xeito, o deputado Gregorio Agís vén de visitar algunhas das actuacións desenvolvidas durante este ano, que están a transformar as estradas e adaptando o espazo público no marco do modelo de mobilidade do Goberno da institución.

Do conxunto de investimentos realizados ao longo do ano na rede provincial de estradas, máis de 3,2 millóns de euros correspóndense co acordo marco de obras de conservación de firmes, concretamente, en estradas de 52 concellos. Amais, preto de 1,2 millóns de euros correspóndense co Plan Móvese de mobilidade e velocidade segura que está a impulsar a posta en marcha de elementos de redución de velocidade nas vías provinciais.

A Deputación tamén destinou neste 2020 máis de 5,5 millóns de euros para actuacións concretas de acondicionamento, seguridade viaria, reestruturación do espazo público, reposición de firme, reparación de beirarrúas e mobilidade peonil en 16 concellos entre os que se atopan Agolada, Arbo, Baiona, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Crecente, Covelo, O Grove, A Lama, Moaña, Ponteareas, Pontevedra, Rodeiro, O Rosal, Silleda e Tomiño.

Neste marco inclúense actuacións como o ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 Peso-Caroi, onde se investiron preto de 750.000 euros; ou a mellora da mobilidade peonil na EP 6518 entre Silleda e Ponte que contou cun orzamento de preto de 450.000 euros, a desenvolvida no núcleo da Chan en Cerdedo-Cotobade que ascendeu a máis de 440.000 euros, os máis de 210.000 investidos na rotonda da EP 9101 no Grove ou na construción dun muro e estabilización da EP 0018 entre Xeve e Espedregueira.

A Deputación pecha 2020 con máis de 9,5 millóns investidos en viais
Comentarios
ç