A Deputación de Pontevedra tinguirase de amarelo contra o cancro infantil

A sede do goberno provincial cambiará de cor entre o xoves e o sábado desta semana

Fachada del Pazo Provincial iluminada de verde por el Día Mundial del Cáncer. RAFA FARIÑA
photo_camera Fachada do Pazo Provincial iluminada de verde polo Día Mundial contra o Cancro. RAFA FARIÑA

A Deputación de Pontevedra únese á celebración do Día Mundial contra o cancro infantil, que ten lugar este venres 15 de febreiro, polo que o Pazo provincial tinguirase de amarelo de xoves a sábado.

Así o informou a institución provincial, que concretou que, após a solicitude da Asociación Nico contra o cancro infantil, iluminarase o edificio desde a noite deste xoves até primeira hora do sábado de amarelo, "a cor do ouro, que simboliza a fortaleza e resistencia" dos nenos que se enfrontan a esta enfermidade e das súas familias.

Para a Deputación de Pontevedra este tipo de accións supoñen "un paso máis para visibilizar enfermidades como o cancro infantil" e "apoiar entidades" que están a traballar para lograr "unha maior cohesión social, mellorar a calidade de vida da cidadanía e impulsar melloras en conto ao diagnóstico, tratamento e investigación de enfermidades que afectan a colectivos tan vulnerables como a infancia".

Esta acción segue o fío que comezou a semana pasada o Pazo Provincial tinguiuse de verde no Día Mundial Contra o Cancro.

Por iso, o goberno provincial mostrou a súa intención de sumarse ás iniciativas que por parte da Asociación Nico contra o cancro infantil desenvolven desde o ano 2015 tanto para impulsar "unha maior investigación como para garantir o dereito a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo".

Ademais da iluminación de amarelo do Pazo provincial de Pontevedra está previsto que tamén se tingan da cor do ouro outros espazos públicos en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense. 

Comentarios