martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Descontos de máis do 40% na Feira de Oportunidades

Na cita, que se celebrará a vindeira fin de semana, participan 25 firmas de Cangas, Bueu e Moaña

O MORRAZO. A Feira de Oportunidades do Morrazo, que se celebrará a vindeira fin de semana en Cangas, contará coa participación de 25 empresas de Bueu, Cangas e Moaña, asociadas á Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (Fecimo).

A carpa habilitada para este evento, que acada a súa décima edición, abrirá as súas portas o venres día 3 de xullo nos Xardíns do Señal (Alameda Nova) en Cangas. A cita coas oportunidades prolongarase durante toda a fin de semana e estarán representados sectores moi variados, como moda para home e muller, complementos e agasallos, moda infantil, deporte, cociña e fogar e mascotas, entre outros.

Os visitantes atoparán prezos moi reducidos, cun desconto mínimo dun 40 por cento sobre o valor marcado.

Segundo destacan os organizadores, «será moi fácil facerse con verdadeiras oportunidades, dada a relación calidade-prezo dos produtos ofertados polas tendas locais».

500 agasallos. Como sorpresa, e atendendo a que esta é a décima edición e a Feira de Oportunidades está de aniversario, os expositores repartirán máis de 500 agasallos entre os seus clientes. Os premios estarán agochados nuns ‘rasca e gaña’ que se entregarán con cada compra.

A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo agarda unha grande afluencia de público a esta cita cos grandes descontos das empresas locais, dado o éxito dos anos anteriores.

Descontos de máis do 40% na Feira de Oportunidades
Comentarios