martes. 26.01.2021 |
El tiempo
martes. 26.01.2021
El tiempo

Os deseños de Susana Fall brillan no seu desfile do EGO

Unha das propostas da deseñadora formada en Esdemga. J.J. GUILLÉN (EFE) - Susana Fall
Unha das propostas da deseñadora formada en Esdemga. J.J. GUILLÉN (EFE) - Susana Fall

Unha das propostas da deseñadora formada en Esdemga. J.J. GUILLÉN (EFE) - Susana Fall (2)Non obtivo premio, pero Etymon, a colección da viguesa Susana Fall, realizada a partir do seu traballo de fin de estudos en Esdemga, brillou con luz propia ao seu paso polo EGO, a pasarela de novos creadores coa que habitualmente se clausura a Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

Segundo explica o diario dixital da Universidade de Vigo, Fall presentou unha serie de traballos inspirados no seu pai e no Senegal. Estes deseños puideron verse, o pasado domingo, xunto aos de 404 Studio, Deyi, Coconutscankill, Reveligion, Fátima Miñana e Anel Yaos.

Unha das propostas da deseñadora formada en Esdemga. J.J. GUILLÉN (EFE) - Susana Fall (3)O premio que recoñecía a mellor colección, o Mercedes-Benz Fashion Talent, foi para Fátima Miñana.

Ademais de no desfile, Esdemga tamén estivo representada este ano no showroom do EGO por outra egresada, Miriam Cartagena que, xunto ao alumno de doutoramento de Belas Artes Marcos Covelo, presentou o seu proxecto UTDM Studio a través da proposta Enter Collection.

Os deseños de Susana Fall brillan no seu desfile do EGO
Comentarios