lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Desenvolvemento Sostible pon en marcha a reforma integral da área de xogos da Praza 8 de Marzo

Parque da Praza 8 de Marzo. DP
Parque da Praza 8 de Marzo. DP
O edil do PSOE, Iván Puentes, iniciará o seu plan para que tódolos parques infantís de Pontevedra cumpran coa normativa europea en materia de seguridade

A Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural porá en marcha nos vindeiros días os traballos de renovación integral do parque infantil da Praza 8 de Marzo, situada na Cidade de Pedra. A reforma, que levará a cabo a empresa Baygar cun orzamento de 20.023,56 euros, realizarase en base aos criterios marcados pola firma especializada STO (Soluciones Técnicas de Ocio), contratada polo Concello para auditar as condicións de seguridade de tódalas zonas de xogo da cidade.

Así, a remodelación do parque infantil da Praza 8 de Marzo incluirá, entre outras cuestións, a reparación do valado, substituíndo as pezas en mal estado e dotándoo dun listón para evitar atrapamentos de cabeza ou pescozo; a substitución de papeleiras; a recolocación de bancos..

Tal e como sinala o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, “esta reforma, ao igual que a que se está a realizar no parque infantil da Praza de Europa, en Monte Porreiro (ao que se dotou dunha tirolina de máis de 20 metros), e das que se van levar a cabo a partir de agora no resto das zonas de xogo da nosa cidade estarán baseadas nos informes elaborados pola auditora STO". 

Desenvolvemento Sostible pon en marcha a reforma integral da área...
Comentarios