Desenvolvemento Sostible transformará a zona verde do Campo da Torre nun parque

Ás arbores e a natureza sexan as protagonistas deste espazo que contará con áreas de xogo e de descanso
Visita ao parque do Campo da Torre. CEDIDA
photo_camera Visita ao parque do Campo da Torre. CEDIDA

Un "espectacular proxecto de renovación paisaxística" impulsado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e deseñado polo arquitecto Víctor Hermo permitirá transformar a actual zona verde do Campo da Torre, no barrio de San Roque, nun "fastuoso e moderno" parque no que as árbores e a natureza terán un papel protagonista e que disporá de amplas áreas de xogo, sombra, encontro social e descanso, coa dotación de hamacas e cadeiras de madeira.

A actuación de reforma, que inclúe a renovación da fonte existente coa creación de pequenas canles de auga arredor da mesma, contempla a instalación de varias estruturas de trepa e de numerosos troncos de madeira de diferentes alturas, distribuídos dun xeito que lembra a nivel estético ás columnas de basalto de orixe volcánica que conforman a famosa paisaxe do Giant’s Causeway (Calzada do Xigante) de Irlanda do Norte.

Comentarios