miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Detido por tocamentos a polo menos catro mulleres no tren entre Vigo e Pontevedra

El depredador sexual que actuaba en trenes entre Vigo y Pontevedra.POLICÍA NACIONAL
El depredador sexual que actuaba en trenes entre Vigo y Pontevedra.POLICÍA NACIONAL
O arrestado é un veciño de Soutomoaior, de 21 anos, reincidente, que quedou en liberdade coa condición de investigado por abusos

Axentes da Policía Nacional detiveron un veciño de Soutomaior, de 21 anos de idade, como presunto autor de varios delitos de abusos sexuais, logo de realizar tocamentos a polo menos catro mulleres en trens, no traxecto de Vigo a Pontevedra. O xulgado de instrucción 8 de Vigo deixouno en liberdade sen medidas cautelares, investigado por un delito de abusos. O home foi sometido a un recoñecemento forense.

El depredador sexual que actuaba en trenes entre Vigo y Pontevedra.POLICÍA NACIONALSegundo informaron fontes policiais, a investigación destes feitos iniciouse o pasado mes de agosto, cando o departamento de Seguridade de Renfe contactou coa Brigada Móbil da Policía Nacional (unidade encargada de investigar delitos cometidos na rede ferroviaria), após recibir varias queixas de viaxeiras que sufriran tocamentos por parte dun home novo.

As pescudas policiais permitiron descubrir que o sospeitoso elexía os trens que saen á primeira hora da mañá e que van menos concorridos. Así, subíase ao convoi na estación de Guixar, en Vigo, ataviado cun chaleco dunha empresa.

A Policía indentificou catro mulleres que sufriron eses ataques nos trens, pero deduce que pode haber máis vítimas

O home sentaba á beira de viaxeiras que ían soas e tentaba abusar delas, seguindo unhas pautas de comportamento que a Policía cualifica como de "depredador sexual". O sospeitoso buscaba a situación idónea para atacar ás mulleres e ocultaba o seu rostro cun pasamontañas ou unha gorra para evitar ser identificado.

Grazas ao operativo despregado pola Policía Nacional, coa cooperación de Renfe e de Adif, púidose identificar a este home, que foi detido (a pesar de que opuxo gran resistencia) nas inmediacións da estación de Guixar á primeira hora da mañá deste luns.

ANTECEDENTES POR ABUSOS SEXUAIS. Unha vez en Comisaría, a Policía comprobou que o home ten antecedentes penais por outros delitos de abusos sexuais, e que teñen en vigor dúas ordes de afastamento de anteriores vítimas. 

A Policía logrou, por outra banda, identificar a catro mulleres que sufriron ao longo dos últimos meses eses ataques nos trens, pero deduce que pode haber máis vítimas, e animou a estas mulleres a presentar denuncia. Así mesmo, solicitaron ao xulgado que dite orde de afastamento das estacións e trens de Renfe, para evitar que ese suposto abusador poida volver agredir a outras vítimas. 

O operativo policial foi levado a cabo pola Brigada Móbil no Transporte da Xefatura de Unidades Especiais da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá; axentes do sector móbil da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Xefatura Superior de Galicia; e efectivos da UFAM da Brigada de Policía Xudicial da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela. 

O detido foi posto este mércores a disposición do xulgado de instrución número 8 de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade, coa condición de investigado por supostos abusos sexuais.

Detido por tocamentos a polo menos catro mulleres no tren entre...