Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Dez citas culturais para acabar 2018 por todo o alto en Pontevedra

Presentación do Culturgal GGARCIA
Presentación do Culturgal GGARCIA

Ao Culturgal, a cidade suma, na última parte do ano, a celebración dalgunhas das súas propostas programáticas máis relevantes, como Cantos na Maré ou o Festival Novos Cinema 

Culturgal xa non está só na axenda cultural da última parte do ano en Pontevedra. Os cambios de datas e aprazamentos van levar a coincidir, entre setembro e decembro de 2018, a algunhas das citas máis importantes da programación cultural de Pontevedra, entre outras, as dos festivais Cantos na Maré e Novos Cinemas.

A estas propostas súmanse novas iniciativas que tamén van cadrar nestas datas, como o Festival do Leite, que aproveitará o éxito do Surfing the Lérez na Illa das Esculturas para intentar volver encher de público este espazo cunha proposta moi semellante. De Vacas, Ses, The Limboos e Triángulo de Amor Bizarro son os cabezas de cartel desta proposta itinerante, que ten entrada de balde e que en anos anteriores se celebrou en Santiago e Lugo.

No caso do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia inicia este ano unha nova etapa da man de Xulio Amigo, que substituíu a Manuel Bragado á fronte da asociación organizadora. Faino incrementando o seu orzamento: de 141.000 a 165.000 euros. Un dos pratos fortes da undécima edición será o concerto de Carlos Núñez. A feira leva ao gaiteiro de Vigo a actuar por primeira vez no Pazo da Cultura.

APRAZAMENTOS. O aprazamento de dúas das actividades máis importantes da programación cultural de Pontevedra levou a coincidir no final do ano a Cantos na Maré e a Novos Cinemas. O Festival Internacional da Lusofonía non se celebra dende hai case dous anos (xaneiro de 2017). Inmerso nun proceso de reformulación, nada se sabía do evento, ata que unha nota da Xunta en xullo, informando sobre axudas aos festivais de música galegos, o situaba en Pontevedra entre o 11 e o 14 de outubro.

No caso do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas, que celebrou as súas dúas primeiras edicións no verán, foi a propia organización, o pasado mes de marzo a que informou de que decidía trasladar o evento ao inverno. A mediados do mes de decembro, concretamente. Segundo dicía un dos seus directores, Ángel Santos, o cambio realizábase para non coincidir con outros eventos do verán na cidade e para potenciar as actividades formativas, pese a que paradoxicamente o cambio levaba a adiar un ano o obradoiro de cine que se viña celebrando en colaboración co Campus de Pontevedra.

Os concertos de Jane Birkin e Morcheeba no ciclo Voices e unha exposición de gravados de Dalí e Goya no Café Moderno completan a axenda cultural de Pontevedra para este final de ano.

Dez citas culturais para acabar 2018 por todo o alto en Pontevedra
Comentarios