Dez plans culturais para o Nadal de Pontevedra

Desde concertos a exposicións, festivais de maxia e musicais. A programación deste mes ao detalle
Papá Noel percorrerá o centro histórico o 22 de decembro e, dende o día seguinte, será o personaxe do Apalpador o que interactúe coa cativada da cidade. Deixarase ver os días 23 e 26 de decembro
photo_camera O Apalpador deixarase ver os días 23 e 26 de decembro. DP

Coa iluminación de Nadal xa encendida, Pontevedra entra de cheo na celebración das festas de final de ano. O Concello preparou unha programación que inclúe actividades para a cativada na Praza de España, na Alameda e no Recinto Feiral, entre outros espazos. Tamén está funcionando a pista de xeo diante da casa do concello. Pero, a maiores, hai outras propostas. Aquí recompílanse dez, que van dende o festival Novos Cinemas, que dá comezo a semana que vén, ata o Concerto de Aninovo, que terá lugar o día 1 de xaneiro.

Entre outras cousas, no Auditorio de Afundación poderase ver un ano máis o tradicional ballet de O Crebanoces, un espectáculo de homenaxe á banda de rock británica Queen e o VII Galicia Magic Fest. As entradas están á venda en ataquilla.com.

A maiores, hai varios concertos de Nadal na cidade, organizados por diferentes colectivos e institucións. O primeiro é o da Universidade de Vigo, que xa anunciou que volvía celebralo a Pontevedra, onde non se facía dende 2019. Despois haberá tamén unha actuación da Banda de Música de Salcedo e unha gala organizada polo Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga (21 de decembro, Pazo da Cultura). A Banda de Música de Pontevedra tamén ten previsto ofrecer dous concertos de rúa ao longo destas festas.

12-17 de decembro: Novos Cinemas

O festival de cine de Pontevedra proxectará 39 películas e dedicaralle un foco á pioneira da animació para internet Katrin Rothe. No teatro Principal. Entradas: ataquilla.com

13 de decembro: Concerto da UVigo

undefined
A Orquestra Clásica de Vigo protagoniza o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo. Dirixe Manuel Martínez Álvarez-Nava. No Pazo da Cultura. Invitacións: campusactivo.uvigo.gal

 14 de decembro: O Crebanoces

O Ballet de Kiev pon en escena O Crebanoces, con música de Piotr Tchaikovsky e coreografía de Marius Petipa. No Auditorio de Afundación. Entradas: ataquilla.com

16 de decembro: Remember Queen

undefined
Espectáculo homenaxe á banda británica Queen, que lideraba Freddy Mercury. Encárgase de revivilo Piero Venery. En Afundación. Entradas: ataquilla.com

20 de decembro: Do final e do comezo

A exposición que realizan conxuntamente o Concello e a Facultade de Belas Artes está previsto que se inaugure o 20 de decembro. No Pazo da Cultura. Entrada de balde

16 e 23 de decembro: concertos de Nadal das bandas de música

A Banda de Música de Pontevedra actuará na Ferrería e na Praza de España o 16 de decembro. A Banda de Música de Salcedo dará o seu Concerto de Nadal o día 23 no Pazo da Cultura

 23 de decembro: Visita do Apalpador

Papá Noel percorrerá o centro histórico o 22 de decembro e, dende o día seguinte, será o personaxe do Apalpador o que interactúe coa cativada da cidade. Deixarase ver os días 23 e 26 de decembro
Papá Noel percorrerá o centro histórico o 22 de decembro e, dende o día seguinte, será o personaxe do Apalpador o que interactúe coa cativada da cidade. Deixarase ver os días 23 e 26 de decembro

27-31 de decembro: Mercado creativo 

O Mercado de Abastos tamén se apunta a celebrar o Nadal cun mercado creativo de deseño, con música en directo, que terá lugar entre o 27 e o 31 dee decembro, e obradoiros infantís do Ganapán

28 de decembro: VII Galicia Magic Fest 

Pedro Volta está detrás do festival, que chega á súa sétima edición traendo a Jun Woo Park, Eric Chein, Michaek Szaniel, Mag Marín e Jessica Guloomal. No Auditorio de Afundación. Entradas: ataquilla.com

1 de xaneiro: Concerto de Aninovo

Amancio Prada acompañará á Orquestra Sinfónica de Pontevedra no Concerto de Aninovo. Tamén subirán ao escenario a Coral Polifónia e as pandeiretas de Tequexetéldere. No Pazo da Cultura. Entradas en ataquilla.com

Comentarios