Día dos mortos, contos de medo e dragóns

Os habituais talleres de decoración de cabazas da Noite dos Calacús amplíanse cunha xornada de actividades que inclúe contadas terroríficas, música e espectáculos de rúa ▶ O mal tempo obriga a concentrar as propostas en Curros Enríquez
 
photo_camera 'Dragóns', de Hípica Celta, pasean por la Boa Vila en la fiesta de Samaín de Pontevedra. VÍDEO: JOSÉ LUIS SARANDESES

Pontevedra potenciou este ano a celebración do Samaín, a tradición galega vinculada ao Día dos Defuntos, ampliando os habituais obradoiros de decoración de cabazas, que se viñan facendo na denominada Noite dos Calacús, cunha programación que incluíu este martes contadas terroríficas para a cativada e para persoas adultas, música en directo e distintos espectáculos de rúa. O Concello e a asociación Zona Monumental estaban detrás destas propostas, que se tiveron que concentrar en boa medida nunha carpa instalada na Praza de Curros Enríquez debido ao mal tempo. 

Os dragóns que percorreron o centro histórico na Festa de Samaín de Pontevedra. RAFA FARIÑA
Os dragóns que percorreron o centro histórico na Festa de Samaín de Pontevedra. RAFA FARIÑA

A festa comezou pola tarde coas actividades para as crianzas, que incluían obradoiros de calacús e maquillaxe, contadas a cargo de Bea Campos e un concerto da Gramola Gominola

Obradoiro de decoración de cabazas en Curros Enríquez. RAFA FARIÑA
Obradoiro de decoración de cabazas en Curros Enríquez. RAFA FARIÑA

A partir das nove da noite tiveron lugar as propostas dirixidas ao público adulto. Abríronas as historias de medo que contaron a mencionada Bea Campos e dous dos máis importantes narradores orais galegos: Celso Fernández Sanmartín e Quico Cadaval

Tras eles chegou a vez dos espectáculos de rúa. Dous deles adiantaron a súa saída debido ás previsións meteorolóxicas. Foron as de Pablo Méndez Performances, que levaba por título O día dos mortos, e a de Hípica Celta, que se titulaba Dragóns

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Diario de Pontevedra (@diariodepontevedra)

Ambos percorreron distintos espazos do centro histórico, como tamén estaba previsto que fixera Troula, coa súa proposta, SubUmbra, xa a última hora da noite, salvo cancelación no último momento debido ao tempo.

Comentarios