viernes. 27.05.2022 |
El tiempo
viernes. 27.05.2022
El tiempo

O Día dos Museos celebrarase en Pontevedra con concertos, visitas e vídeos

rebel spirits2
Rebel Spirits. DP

O día 18 haberá un festival con tres concertos musicais de xente nova do Estudo Bonobo e visitas comentadas a fondos propios no centro da cidade

Baixo o lema 'O Poder dos Museos', o Museo de Pontevedra sumarase o vindeiro 18 de maio á celebración internacional do Día dos Museos, unha iniciativa do ICOM que este ano pretende explorar o potencial que teñen estas institucións para provocar cambios positivos nas súas comunidades. 

A programación en Pontevedra incluirá actividades durante todo o día: un festival musical con tres concertos musicais de crianzas e xente moi nova do Estudo Bonobo, faranse catro visitas comentadas a fondos propios que están na contorna urbana, proxectarase un vídeo sobre como o Museo é percibido e convive coa súa veciñanza, e tamén haberá moitas colaboracións de persoeiros de Pontevedra que divulgarán os seus sentimentos sobre a institución. 

A parte musical foi organizada entre o Estudo Bobobo e o propio Museo. O primeiro concerto levará por título Ritmo na lúa e Noise in the Jungle. Esta actividade farase na zona 0, o vestíbulo do primeiro andar do Edificio Castelao ás cinco da tarde. Neste lugar desenvolveranse seis propostas musicais nas que actuarán pequenas agrupacións de nenas e nenos de entre 4 e 6 anos de idade tocando sintetizadores, samplers, instrumentos de percusión e caixas de ritmos, interprentando cancións propias.

O seguinte concerto será ás 19.30 horas na praza de entrada do Edificio Castelao, onde actuará a banda do proxecto Rocklab con cancións propias do alumnado de 10 a 12 anos e haberá un concerto de Rebel Spirits, a banda feminina de rock que naceu na escola Estudo Bonobo.

Xa ás 21.30 horas, será o concerto de Thom Archi no claustro do Edificio Sarmiento

O punto de encontro para as catro visitas comentadas será a fonte instalada nos xardíns de Casto Sampedro

No que respecta ás visitas comentadas, celebraranse pola mañá (ás 12.00 e 13.00 horas) e pola tarde (ás 17.00 e ás 18.00), sendo o punto de encontro a fonte instalada nos xardíns de Casto Sampedro.

O Museo tamén vai activar as súas redes sociais. Para a ocasión vén de editarse un vídeo titulado O Poder dos Museos e tamén se emitirán pequenos vídeos en forma de pílulas, nos que participan máis persoas da cidade, entre eles por exemplo persoeiros do Pontevedra CF, alumnado da profesora Carmen Quinteiro, Polo Correo do Vento, Migallas Teatro, Kiko da Silva, Xavier Fortes, Iria Pinheiro ou Manuel Jabois, ademais de representantes institucionais da Deputación, o Concello ou a RAG.

O Día dos Museos celebrarase en Pontevedra con concertos, visitas e...
Comentarios