A discoteca La Luna, será o plató para a estrea do documental 'A Nosa Auga'

A Nosa Auga é unha peza audiovisual realizada por Fernando Portela
Imagen exterior de la discoteca La Luna. DAVID FREIRE (ADP)
photo_camera Imagen exterior de la discoteca La Luna. DAVID FREIRE (ADP)

A Discoteca La Luna foi o lugar elixido para presentar o vindeiro 5 de maio o documental A Nosa Auga, unha peza audiovisual realizada por Fernando Portela e impulsada pola Asociación de Veciños O Chedeiro e a Concellería de Desenvolvemento Sostible co gallo do 50 aniversario da creación de varias traídas de auga na parroquia.

Segundo explicou este domingo o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, o filme pretende render homenaxe a todos os veciños e veciñas que construíron esas primeiras redes de abastecemento ao longo dos anos (algunhas delas xa nos inicios dos anos 70), converténdose nun exemplo de autoxestión.

A proxección, á que están convidadas as principais comunidades de augas de Cerponzóns, recolle as lembranzas e anécdotas do labor desenvolvido nesa época, nun período no que comezaron a organizarse en multitude de parroquias galegas asociacións de diversa índole que promoveron un novo rexurdir do movemento veciñal.

Comentarios