Doce delitos distintos e unha lista inesgotable de cancións

O grupo Ilegales demostrou unha vez máis, cun cheo na Praza de España, que o tópico dos vellos rockeros nunca estará falto de razóns
PRAZA DE ESPAÑA Concierto de Ilegales (BCR_342.JPG)
photo_camera Ilegales, en Pontevedra. B. CISCAR

Unha incesante repetición de pitidos, que fusionaban o seu son co vermello das luces do escenario, puxo ao público en aviso: o concerto estaba a piques Semana grande na Boa Vila de comezar. Coa xente aínda peregrinando desde a Ferrería, onde os Black Stones acababan de tocar a súa última peza da noite, ata a Praza de España, o último dos pitidos acenteou a súa duración

Tras este, a música. Tantas veces me he jugado el corazón que lo he perdido abriu unha función na que, antes de rematar a primeira canción, o aforo duplicárase ata lograr que os ollos non acadaran o seu final. Jorge Martínez, vocalista e único membro fundador en activo da banda, decidiu cambiar o canto pola fala: "Hace ahora 40 años se formaba una banda con los miembros expulsados de otros grupos. Esos eran los ilegales", comezou dicindo Martínez. Un repaso aos inicios do grupo e a un vaticinio que, visto a posteriori, non resultou moi atinado: "Se decían todo tipo de cosas de nosotros. Se nos podría acusar hasta de doce delitos diferentes. Nuestros defectos se perdonaban, pero las virtudes no. Decían que íbamos a durar muy poco tiempo, probablemente un par de semanas o un mes. 40 años después, Ilegales estamos aquí".

PRAZA DE ESPAÑA Concierto de Ilegales (BCR_328.JPG)
El público, entregado a Ilegales. B. CISCAR

Martínez, que coñece os escenarios como a palma da man, rematou esta última frase cun silencio. A ovación foi de excepción. Tras ela, antes de volver facer soar os intrumentos, a síntese da súa forma de ver a vida: "Lo que es realmente pernicioso es ser manso. Ser manso es peligroso y si no luchas te matas". E, a partir de aí, outra vez a música: Si no luchas te matas, Ella saltó por la ventana e unha lista inesgotable de cancións que fixo súa a Praza de España.

Comentarios