viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

Seleccionan dous proxectos do IES Sánchez Cantón para a Maker faire Galicia

Un alumno con un sextante. DP
Un alumno con un sextante. DP

Un dos traballos é sobre pseudociencias e o outro sobre a xeración de sextantes

Dous proxectos do Ies Sánchez Cantón de Pontevedra, un sobre pseudociencias e outro sobre a xeración de sextantes para uso nas aulas do instituto, foron seleccionados para participar nas xornadas abertas da quinta edición da Maker faire Galicia do 6 ao 7 de xullo.

Segundo os organizadores, a Maker faire Galicia é a feira Maker máis importante da península e unha das máis importantes de Europa, situándose como unha das cinco con máis visitantes. O movemento Maker baséase na cultura Do it yourself, e é de tal importancia que, para para algúns expertos, está dando lugar á cuarta revolución industrial.

O IES Sánchez Cantón xa participara na edición do 2017, onde gañaran o 2º premio outorgado polo público asistente. Nesta ocasión, presentou dous proxectos e ambos foron seleccionados pola organización da feira para participar.

Orgonitas. DP

Os orgonitas piramidais
O proxecto sobre pseudociencias nace como unha tentativa de que os rapaces aprendan a diferenciar entre ciencia y pseudociencia e dos riscos que representan as pseudociencias.

Como nexo conductor do proxecto, os alumnos xeraron orgonitas piramidais de base cadrada a partires do desenvolvemento plano desa figura. Unha orgonita confecciónase usando resina, un cacho de cuarzo, unha espiral de cobre e limadura de aluminio. Trátase dun obxecto que afirman que transforma un tipo de enerxía, chamada orgón, de negativa en positiva.

Como ocorre con frecuencia nas pseudociencias, a esa transformación de enerxía atribuénselle propiedades que permiten a unha persoa atoparse millor e, incluso, curar enfermedades graves. Desa forma xurde unha pseudoterapia asociada a unha pseudociencia, co conseguinte risgo para a saúde ó depositar esperanzas nunha terapia non baseada no coñecemento científico.

A razón de escoller as orgonitas é que nelas conflúen varias pseudociencias e pseudoterapias: o poder das pirámides (piramidoloxía), da radiestesia, das propiedades curativas das cores (cromoterapia), das xemas (xemoterapia), dos números (numeroloxía) e dos símbolos xeométricos (xeometría sagrada). En cada unha desas pseudociencias téntase utilizar enerxías con diferentes denominacións e cuxa existencia non é recoñecida pola ciencia. Trátase da enerxía vital, a enerxía sutíl, a piramidal, a telúrica, o prana, o kundalini, etc.

 

Sextantes para orientarse
O proxecto do sextante tiña como obxectivo dispor dun número elevado de sextantes para realizar prácticas de matemáticas e outras materias. O sextante é un instrumento que permite medir ángulos verticais e horizontales.

Xerouse como resposta a necesidade de localizar un barco na esfera terrestre, polo que se trata dun instrumento de medida de ángulos cun erro instrumental pequeño. De feito, ante a posibilidade de non dispoñer das ferramentas electrónicas de localización, o sextante debe formar parte da dotación dun barco.

Estimando que un sextante é un bó instrumento de medida de ángulos, no Instituto diseñáronse as pezas dun prototipo de sextante no ordenador, imprimíronse na impresora 3D do Centro e fixéronse moldes de silicona das pezas. Reproducíronse 25 sextantes en resina de poliuretano dun primer prototipo e 10 dun segundo prototipo. 

Seleccionan dous proxectos do IES Sánchez Cantón para a Maker faire...
Comentarios