Dúas estudantes sacan ás rúas ao comercio local para promover as súas fortalezas

O TFG levou a 22 establecementos de proximidade a instalarse por un día nas prazas da Peregrina e a Ferraría
Imaxe dalgúns dos responsables da iniciativa, diante da Peregrina. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe dalgúns dos responsables da iniciativa, diante da Peregrina. GONZALO GARCÍA

Incrementar a visibilidade e notoriedade do pequeno comercio de Pontevedra é o obxectivo que levou a dúas estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Marta Lado e Sibila Leis, a impulsar Comercio km 0, un evento que este sábado reuniu onte, nas prazas da Ferraría e da Peregrina, 22 establecementos da localidade. Esta serie de comercios poderán dar a coñecer os seus produtos e servizos nos postos que se instalarán nestas dúas prazas, no marco dun evento que constitúe o traballo de fin de grao destas dúas alumnas de Publicidade e Relacións Públicas e que levan a cabo coa colaboración da Vicerreitoría do campus, a Concellaría de Promoción Económica e da Asociación da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe).

Gon Praza da Ferrería. Comercio KM0. Feria exposicion de varios comercios, sábado, 22 may · 11:00–13:00

"Quixemos centrar o noso TFG neste proxecto porque démonos conta de que, sobre todo a raíz da crise do coronavirus, a xente acostumouse a comprar por Internet e nin saben o que hai nos baixos da súa cidade...", salientan Lado e Leis, que buscaron co seu traballo empregar os coñecementos adquiridos na facultade para tratar de "axudar a mellorar a situación da nosa comunidade". Con esa idea organizaron o evento, "porque un dos puntos máis valiosos do comercio local é o trato persoal, algo que as vendas por Internet non poden ofrecer". Isto levounas a deseñar un modelo de empresa, Ananás Eventos, "que nos gustaría que acabase sendo unha empresa real que seguise mantendo os valores cos que a creamos". Neste caso, a organización dun evento sen custo para os participantes, co que buscaban demostrar que "con esforzo e colaboración pódense conseguir resultados". 

Gon Praza da Ferrería. Comercio KM0. Feria exposicion de varios comercios, sábado, 22 may · 11:00–13:00

Comercio km 0 non tería sido posible sen a implicación da Vicerreitoría, á que se sumou a colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Aempe e de dous estudantes do grao de Comunicación Audiovisual.

Comentarios