O eco de Sés pecha ‘Con voz de muller’

O concerto formou parte dun ciclo de programación municipal para impulsar ás artistas femininas ► Tamén actuaron Fillas de Cassandra, A banda da Loba e Leilía
Sés actuando este domingo en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Sés actuando este domingo en Pontevedra. RAFA FARIÑA

Un concerto de María Xosé Silvar, Sés, enmarcado na súa xira de presentación do disco que lanzou a finais do ano pasado, Diante un eco, pechou este domingo á noite Con voz de muller en Pontevedra. Trátase dun ciclo da programación municipal de verán que reivindica a presenza de artistas femininas enriba dos escenarios.

A edición deste ano abriuna, o 3 de agosto, o dúo que conforman María Pérez e Sara Faro, Fillas de Cassandra, presentando o que é o seu primeiro álbum, Acrópole. Tras elas actuou, o 4 de agosto, A banda da Loba, que tocou temas do seu traballo máis recente, Xabón Lagarta.

O día chegou a vez de Leilía, o grupo de pandereteiras galegas, con máis de 30 anos de carreira, que se están a despedir dos escenarios.

Comentarios