martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

Educación licitará a finais deste ano a terceira fase da reforma do Carlos Oroza

A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou este martes o Carlos Oroza, onde saudou aos participantes no Campionato de Sumillería Suso Domínguez. GONZALO GARCÍA
A conselleira de Educación, Carmen Pomar, visitou este martes o Carlos Oroza, onde saudou aos participantes no Campionato de Sumillería Suso Domínguez. GONZALO GARCÍA

A Consellería prevé executar no verán de 2020 as obras, para as que conta con 400.000 euros

A Consellería de Educación licitará no último trimestre deste ano as obras da terceira fase da reforma do CIFP Carlos Oroza. A actuación, cun orzamento de 400.000 euros, completará o proceso de remodelación que se desenvolve neste centro desde 2015 e suporá, ao remate da mesma, un investimento global de máis de dous millóns de euros.

Nas dúas primeiras fases construíuse un novo volume de case 1.700 metros cadrados composto de baixo (que acolle unha aula de I+D, un economato e un almacén con cámaras de frío) e dúas plantas. Na planta baixa creouse unha aula-taller de cociña e na segunda están os talleres de panadería e pastelería e de confitería-chocolatería.

Deste xeito, a remodelación permitiu dotar o centro dunha aula de I+D, un espazo de alta tecnificación dividido en dúas partes, unha de cociña e outra que é unha grada con capacidade para 60 persoas, desde a que se pode asistir a demostracións ou showcookings. A zona de cociña está dotada cos elementos máis innovadores.

A Consellería está a definir as necesidades para determinar as actuacións que se realicen na terceira fase. As obras executaranse no verán de 2020 para non interferir na actividade docente.

Educación licitará a finais deste ano a terceira fase da reforma do...
Comentarios