O 96% das empresas que traballaron nas festas de Pontevedra son da cidade

Da Slva: “Foi un verán intensísimo, sen apenas incidentes e coa xente gozando da vila, dos amigos e a familia” 

Feira Franca 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Feira Franca 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Rúas e prazas ateigadas de xente, cunha alta participación nas distintas citas programadas e unha intensa actividade económica resume o primeiro balance das festas de verán de Pontevedra.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, puxo en riba da mesa datos cuantitativos que amosan o “intenso verán” vivido en Pontevedra. Dende o 16 de xuño, día do Surfing The Lérez até o 1 de setembro, Feira Franca “foron 78 días de actividades practicamente continuadas”. Neste tempo desenvolvéronse 301 citas lúdicas e festivas, entre elas por exemplo 57 concertos (sen contar os do Surfing) de todo tipo de música: jazz, tradicional, clásica, pop, rock…).

As festas teñen unha importante compoñente de dinamización económica. Carme da Silva informou que nestes 78 días, foron contratadas 187 empresas. ”Das empresas contratadas o 96% son de Pontevedra e contorna” subliñou a concelleira de Festas. 

“Verán intensísimo, sen apenas incidentes e coa xente gozando da cidade, dos amigos, da familia”. Así definiu a concelleira as festas de verán da cidade ás que lle queda un colofón pendente: o Festival do Leite, que se vai a celebrar o 15 de setembro na Illa do Cobo. 

Comentarios